miércoles, 16 de enero de 2019

As programación didácticas


As programacións didácticas vixentes

               Nesta unidade falamos das programacións didácticas vixentes na Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, nos cursos de Formación Profesional e na Escola Oficial de Idiomas. Eu vou falar primeiro da elaboración das programacións e o papel dos departamentos, para despois facer un par de reflexións sobre o persoal docente e algunas situación nas que se pode ver envolto en relación coas programacións didácticas.

As programacións deben entregarse ó xefe de departamento antes do comezo do curso, polo que todos os membros docentes han de chegar a una posta en común á hora de redactalas. Parece sinxelo, mais se dedicamos un minuto a cavilar neste aspecto semella difícil que todos e todas sexan quen de establecer pautas definitivas en tantos apartados e tan variados, coma avaliación ou metodoloxía. Cada mestre ten o seu punto de vista e as súas opinión, e aínda que acepte ceder en certos aspectos, ou incluso sacrificar parte da súa idea de programa, son moitas persoas e moitos puntos a tratar. Ademais, hai que concretar as necesidades específicas de cada curso, cos conseguintes eternos debates sobre se un punto deberíase pór en práctica neste curso ou no seguinte. Tendo en conta todos os apartados dunha programación didáctica e as súas adaptacións ós diferentes niveis, resulta case inaudito que o mestrado sexa quen de levar a cabo esas programacións, incluso nas situacións máis extremas, coma é o caso das Escolas Oficiais de Idiomas neste curso 2018-19, aspecto que mencionarei posteriormente de maneira máis detida. A programación didáctica pode ser a parte máis importante á hora de preparar a docencia e ós/ás docentes da materia, por iso penso que é ben necesario que haxa esa posta en común entre todas as persoas que forman parte do departamento. Hai que se decatar do feito de que unha programación didáctica é unha guía a seguir polo docente á hora de impartir clase, mais para o alumnado é a base da súa educación no centro, e terá certa influencia na súa formación, académica e profesional. Por iso mesmo paréceme esencial que as programacións didácticas sexan publicadas para toda persoa que desexe consultalas, como é o caso a través de internet.

               Noutro punto, penso que os mestres pasan poucos controles, tendo en conta o seu alto grao de responsabilidade repasado anteriormente. Noutros países pasan moitos máis controles ca en España, nación na que unicamente teñen un control no primeiro ano coma docente, e posteriormente pode transcorrer toda a súa carreira como mestre sen pasar máis controles, aínda que non é o normal. Hai casos nos que o docente acomódase na súa posición unha vez ten feitos durante o primeiro ano todos os requisitos que se lle requiren; é un perigo do que hai que ser totalmente consciente, xa que pode ser unha tentación deixarse levar cando xa estás afeito. Outro problema é o do nivel do mestrado: pode haber mestres que, por unhas causas ou outras, rematen impartindo clase dunha materia que non dominan, incluso clase da súa materia, pero nunha lingua na que non se senten cómodos. Evidentemente, hai ocasións nas que o/a docente non ten culpa da situación que está a vivir, mais penso que o seu alumnado tampouco a ten, e van ser eles os máis perxudicados polo probable peor desenvolvemento das sesións que imparta o/a docente en cuestión. Evidentemente, pola súa parte, o mestre sentirase frustrado por non poder facer o que quería facer cando aprobou as oposicións.

Por último, para concluír, gustaríame mencionar un dato e unha data. O dato é que o currículo da Escola Oficial de Idiomas se modificou, aprobándose no pasado mes de agosto o decreto. A data é a do comezo do curso : setembro. Unha vez máis, os nosos representantes políticos semellan tomar decisións moi importantes sen ter a mínima idea das consecuencias que poden ter no futuro -inmediato neste caso-, debido á súa ignorancia do contexto ó que pertencen os documentos que están a modificar e a aprobar, esquecendo os problemas que causa ós docentes destes organismos. Evidentemente, o asunto non sería tan grave de non ser os departamentos de cada centro os encargados de realizar as programacións didácticas. E non estamos a mencionar todo o traballo referente á adaptación da programación a aqueles membros do alumnado que requiran adaptacións curriculares específicas.
Como conclusión, penso que as programacións didácticas son o armazón da ensinanza, xa que o/a docente vai seguir a metodoloxía escollida e ten que ser fiel ó seu programa. Polo lado negativo, hai situacións nas que o papel docente vese dificultado por circunstancias externas, que non dependen de un mesmo. Por estes motivos creo que debemos coidar moito a nosa actitude como docente, pois xa hai moitos factores externos que poden estorbar a labor dos mestres. O sistema educativo español aporta máis dun vinte por cetno de fracaso escolar, e unha alta taxa de repetidores, polo cal a labor e o compromiso de todas as persoas que desexen ser docentes ten que ser moi sólido, xa que o sistema ten moitos defectos, que ha de suplir, dentro do posible, o propio mestrado.

martes, 8 de enero de 2019

Tema 7


Hoxe quero facer unha reflexión sobre a metodoloxía CLIL, un sistema de aprendizaxe dunha segunda lingua a través de impartir materias coma Ciencias ou Historia nesa segunda lingua. Sobre o taboleiro a idea promete: é innovadora e axudará ás futuras xeracións a integrarse con outros falantes desa lingua e, así, tamén axudará á integración das diferentes nacións en Europa, ou na Europa que busca a Unión Europea, precisando para ser pragmáticos.
Gráfico que resume as orixes da metodoloxía CLIL
Como avanzaba no parágrafo anterior, este proxecto ten coma obxectivo a aprendizaxe dunha segunda lingua -normalmente o inglés- por parte do alumnado, mais isto leva consigo o feito de que hai que impartir materias nesa lingua estranxeira, o que supón un problema, dado que non hai mestres dabondo que estean formados convenientemente, ben nos coñecementos relativos á lingua que se vai empregar na aula, ben na materia a impartir. Está claro que haberá docentes sobradamente preparados para afrontar este bonito reto, pero moitos outros non o están. Polo tanto, parte dos docentes acollidos a este programa tal vez decidisen facelo por medo a perder o seu posto de traballo ou ver diminuído o número de horas como docente. 
Hai outro inconveniente a engadir na lista: a comprensión da materia por parte do alumando. Eu dou clases a varios nenos e nenas, e hai dous casos nos que a materia de Bioloxía é en inglés. Moitas veces o que me preguntan non é como se pronuncia esta palabra ou esta outra, senón o significado de certos termos en inglés que non identifican durante a clase por descoñecemento do idioma. Teño un alumno que sabe dicir en menos dun minuto, sinalando nun esqueleto que ten na súa habitación, todos os ósos do corpo humano en inglés. É brillante, pero hai varios deses ósos dos que descoñece o nome en español ou galego. O que pretendo dicir é que a aprendizaxe dunha materia que require coñecementos por parte do alumnado nunha lingua estranxeira corre o risco máis que probable de ver retardada a súa marcha debido a casos de nenos e nenas atrasados. É máis, penso que hai un risco de que algún alumno ou alumna perda interese na materia e remate por abandonar o seu estudo. En calquera caso, o certo é que a aprendizaxe nunha lingua estranxeira, segundo tódalas opinións de mestres que lin, atrasa e dificulta a comprensión da materia.

Queda moi bonita a teoría plasmada no papel, mais a prática é ben distinta


Como vai aprender o alumnado unha nova lingua se o persoal docente encargado de impartir ensinanza nesa lingua non ten os coñecementos necesarios para facelo? Penso que o primeiro de todo, antes de facer modificacións nas programacións ou crear novos proxectos, sería asegurarse de que o obxectivo pódese levar a cabo. Polo tanto, penso que o ideal neste caso tería sido comezar por comprobar o nivel dos docentes que van impartir as materias na lingua estranxeira, tanto do idioma como da materia en si. Se as cousas se fixeran ben, o órgano que aproba o proxecto debería aportar fondos para a mellora da calidade da ensinanza, isto é, crear cursos de formación gratuítos para o grupo de mestres que vaian a impartir docencia nunha lingua estranxeira. Non semella algo dificultoso de lograr, pero as dificultades emerxen cando lembramos que o Goberno non concedeu ningún tipo de axuda ó sistema educativo. O que é peor, a educación sufriu recortes ó mesmo tempo que o proxecto CLIL estábase a implantar en España. A magoa de todo isto é que a historia repítese unha e outra vez co mesmo resultado: a política leva a facer as cousas cunha rapidez que leva despistes, erros e unha mala planificación. O importante neste caso non é distinto do importante noutros casos: o importante é publicar o proxecto, os problemas xa se resolverán máis adiante. Pero este tipo de situacións son, desgraciadamente, moi comúns en casos nos que as persoas encargadas de tomar as decisións non teñen -ou parecen non ter- apenas contacto co entorno sobre o que están a facer modificacións. Que quede claro: estou a favor do desenvolvemento de novas metodoloxías de aprendizaxe que favorezan a inclusión de linguas estranxeiras e CLIL podería ser un proxecto con futuro, mais os procedementos para levar a cabo o programa deixan moito que desexar. Non esquezamos o máis importante de todo: a historia ten final feliz sempre que haxa un sorriso protocolario e algunha etiqueta de moda como “Plurilingüismo” na fotografía. E os recortes en educación ben escondidos para que non se fale deles na páxina seguinte. Mentres a educación sexa política, estes problemas vanse repetir eternamente.

O meu mestrado


Desde que deu comezo o mestrado marcho de casa ás seis da mañán e volto ás dez da noite. Iso conleva cansazo mental.

Penso que a carga de traballo ten maniatada a toda a aula -salvo algún despistado, tal vez-, e é una magoa non poder afondar en certos contidos porque hai que adicar moito tempo a tarefas e exercicios, o que provoca que sexa case imposible desfrutar a experiencia. Gustaríame facer unha reflexión e centrarme no meu caso. Por razón laboráis -teño dous traballos e dou clases particulares- levo un ritmo de vida algo, digamos, extremo. Non teño tempo para min, e iso é complicado de aceptar. Vaia por diante que o levo ben, a xente do curso é moi agradable e fai que a enchenta de actividades non acabe comigo. Está claro que eu elexín facer o mestrado ó mesmo tempo que me ergo ás seis menos cuarto da mañá. Aínda así, o corrente sería que quedase durmido na aula a partir da segunda hora, pero non é o caso. Non vou enganar a ninguén dicindo que todo o temario do mestrado é maravilloso e está moi ben escollido, pero hai moitas partes que chaman a miña atención, mais non teño tempo material para afondar un pouco, xa que non é algo que sexa imprescindible para a realización das tarefas esixidas durante a sesión. E tal e como está plantexado este mestrado, hai que racionar moi intelixentemente o tempo do que dispoñemos, e no meu caso é crucial sacar proveito de cada intre libre que atope no meu día a día.

Ó comezo do mestrado estaba moi animado, mais o primeiro día caeu un menhir sobre todos cando a primeira docente falou dun traballo “algo longo”. Eu entrei nunha espiral de agobio da que non era quen de saír. As semanas son moi longas nestas condicións, e os luns pola tarde sentía a sombra do que tiña por diante ata o domingo pola tarde, único anaco de liberdade. O cansazo acumúlase ó longo dos días, cada noite durmes menos e cada clase vas máis retrasado cos novos encargos que van chegando. Vas deixando de dar clase a algún neno, solicitando e rebaixando as horas nos traballos, deixando a dúas nenas máis sen clases e quedando soamente con tres elexidos por compatibilidade de horarios e polo interese que amosaban eles -máis que as súas nais e país- en seguir adiante coas clases, aínda que algunhas clases tivesen que ser en sábado ou domingo.

Deste xeito fun gañando espazo temporal para facer todo o novo que ía chegando, e tamén recuperar algo de terreno co material adiado. Agora desfruto das clases, ás veces máis, ás veces menos, pero estou ben. Simplemente agobiado polas continuas tarefas que hai que facer e entregar en clase, case todas vía internet. Para colmo, he de recoñecer que non me levo precisamente ben coa tecnoloxía, e canto máis nova peor, pero ésta é outra historia. Como ía dicindo, agora desfruto as clases, pero non o traballo que temos que facer na casa. Debido ó volume das actividades e ó escasísimo tempo do que dispoño, cada vez que me poño a traballar despois de cear vexo que apenas quedan un feixe de horas para me erguer, e entón entra en acción a miña parte práctica. E insisto en que me amola enormemente non ter máis tempo para adicar á resolución dos traballos, a investigar con máis profundidade nos temas das presentacións, a non elaborar en condicións o blog no que publico este mesmo escrito. Eu son consciente cada vez que entro de que o deseño é inexistente, e o tempo empregado en partes do blog que non sexan documentos é mínima -penso que tal vez Aarón, que me axudou un par de veces na aula co blog, ten máis tempo empregado na parte formal e visual do meu blog ca min-.


Si que é certo que o meu caso é algo extremo, mais considero que a estructura e a carga de traballo para o alumnado debería de  se revisar e adaptar coherentemente á situación daqueles que pagan a matrícula do curso. Hai xente que non ten máis ocupación que o mestrado, e poden adicar tempo incluso ós aspectos interesantes pero non relevantes ós que facía referencia antes. Pero hai unha gran parte do alumnado que ten algún tipo de ocupación profesional. Eu penso que practicamente todos gustariamos dunha menor carga de traballo e una focalización en menos aspectos, pero con maior profundidade. Desde o primeiro día sentín que estaba entrando nunha espiral de traballos acuciantes da que ía ser imposible fuxir. Eu non quero que isto se repita ano tras ano, e pensando máis nos sucesores do meu posto ca no meu propio caso, gustariame que este escrito no que plasmo a miña negativa experiencia -pero que podería ser moi positiva con algúns cambios- servese para modificar un mestrado excesivamente cargado de contidos protocolarios e sucesións de traballos que non teñen final, para que o futuro alumnado sexa quen de valorar positivamente un ano que debería ser crucial na formación da profesión que vai ocupar o noso tempo durante o resto das nosas vidas.

Tema 6


Este tema comprende todo o referente á metodoloxía CLIL, e como case toda a materia, é bastante denso, tanto para o docente, don Gonzalo (así chamabamos ós Mestres na EGB), como para o alumnado. Afortunadamente, a parte teórica reduciuse ó mínimo debido ás actividades previstas e propostas por don Gonzalo, que axudaron a que as dúas clases de catro horas fosen máis amenas e non estiveramos preguntando que hora é cada dez minutos.

A primeira actividade foi un debate piramidal, xa un símbolo nas sesións con este docente. Estes debates poden resultar algo molestos no sentido de que tes que unificar o teu punto de vista cunha persoa, despois cun grupo de compañeiros e compañeiras maior, e finalmente hai que chegar a un consenso entre tódolos membros presentes na sesión. Polo tanto, como as coincidencias escaseen xa no primeiro debate, a experiencia pode ser moi sufrida; en cambio, se os puntos de vista gardan bastantes similitudes, a actividade resultará máis rápida e sinxela de facer. A nivel persoal, opino que esta actividade, ademais de aforrarnos unhas horas de discurso -que pode ser máis ou menos interesante, pero ó final é unha soa persoa falando durante varias horas seguidas, e ata a tonalidade de voz máis adorable cansa-, tamén aporta tolerancia -tes que aceptar outras ideas-, saber escoitar -para dar a túa opinión sobre as ideas das outras persoas-, poder de decisión -hai que elixir as ideas máis importantes-, etc. Creo que é crucial que saibamos defender as nosas ideas, seleccionar as máis válidas desde o noso punto de vista, e  tamén ser quen de sintetizar e fusionar as túas ideas coas dos teus compañeiros e das túas compañeiras. Ademais, os debates piramidais van de menos a máis, polo que supostamente a primeira fase debería ser a que resulte máis sinxela, xa que a cuestión é acadar un punto en común entre un grupo de número moi reducido, mentres que a última, que consiste en que todo un grupo de xente chegue a un acordo, semella moito máis complicada de acadar.


Penso que é moi importante coñecer os diferentes sistemas e as diferentes partes dunha programación. Aínda que semelle algo obvio, canto mellor coñezas as partes das que te vas ocupar, mellor podes render. E tamén está o caso contrario: pode haber unha persoa que sexa un magnífico docente, se faga entender con facilidade, mais debido á súa ignorancia no no referente a como ten que impartir -e tratar de captar a atención do alumnado-, as súas sesións poden resultar caóticas e de ningún proveito para o alumnado.



Por exemplo, se tivéramos feito un debate piramidal na segunda actividade, na que analizamos a programación dun centro ó chou, no noso caso o IES Santa Irene de Vigo, tería sido moi rápido, pois todos pensamos que era unha programación moi completa e coidada, con particularidades igualmente detalladas, mentres que hai outros centros que nin sequera contan coa programación de tódalas materias que imparten para consultar por medio de internet. No caso do Santa Irene, a programación é, como ben dixo Cecilia no comentario do seu blog referente a este tema, “paradigmática”. O problema que tivemos ó facer a segunda actividade foi que non era un debate piramidal, senón un "simple" estudo dunha programación didáctica xa existente, polo cal tivemos que seleccionar con moita precisión, xa que, como dixen anteriormente, a programación era completísima.

Comentarios blogs

https://omeuportfoliodeaprendizaxe.blogspot.com/2018/12/diario-do-tema-6-as-programacions.html?showComment=1546986043128#c6644958037396842632

http://docenciadelenguasextranjeras.blogspot.com/2018/12/diario-do-tema-7-mina-presentacion.html

https://lusofoni.blogspot.com/2019/01/metodoloxia-clilaicle-y-las-lenguas.html?showComment=1546987135378#c599559077335198375

jueves, 3 de enero de 2019

Presentación do sistema educativo de Corea do Sur

Guión seguido para a presentación:


Contexto

Corea do Sur é unha nación do leste de Asia; ten case cen mil quilómetros cadrados e conta con máis de cincuenta millóns de habitantes. A capital é Seúl, bastante preto da fronteira con Corea do Norte. A meirande parte da poboación reside en cidades, debido a masiva migración de xente procedente do rural durante a explosión económica que durou desde os anos setenta ata finais de século.

Corea sufriu múltiples invasións ó longo da historia, sobre todo por parte de China e Xapón. A derradeira invasión(1910-1945) rematou tras a rendición de Xapón ante os aliados; desde entón, o paralelo 38 foi a liña que marcou o réxime de administración soviético no norte e americano no sur. O 15 de agosto de 1948, estableceuse a República Democrática de Corea, con Syngman Rhee como seu primeiro presidente; o 9 de Setembro de 1948, establécese a República Democrática Popular de Corea baixo o mandato de Kim Il-sung. E no 25 de Xuño de 1950, forzas norcoreanas invadiron Corea do Sur. Non imos afondar en detalles da guerra coreana. Simplemente que o día 27 de Abril do ano 1953 ambas Coreas (e as súas “partes estranxeiras”) acordaron un tratado de paz. A partires deste momento, en Corea do Sur houbo moitos disturbios políticos contra a autocracia de Syngman Rhee, rematando coa revolta dos estudantes de 1960. Logo de varios golpes militares nos anos sesenta, o país sufriu un crecemento económico incrible, multiplicando por quince nos seguintes vinte anos o crecemento da outra Corea.



Contexto educativo

Hai uns cincuenta anos, Corea do Sur estaba devastada pola guerra civil na que estivera inmersa, cun dos considerados peores sistemas educativos do planeta nese momento. Mais no último medio século deu un cambio á situación e na actualidade os coreanos dispoñen dun dos máis apreciados sistemas educativos do mundo. Os diferentes gobernos sempre pensaron na educación como un medio para sacar ó país da pobreza -a diferenza de España, as leis educativas non se ven afectadas polos cambios de goberno- e xerar un capital humano que sexa quen de compensar a súa falta de recursos. Así, destinan máis dun sete por cento do seu PIB á educación, cando a media é dun 6%, sempre seguindo os datos da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico. España destina un 4,3%, por exemplo. Isto é unha razón de que o sistema educativo é estrito e está excesivamente estruturado. De feito, a formación está ligada ó patriotismo: canto mellor sexa no meu, máis axudarei ó meu país. E hai moitas facilidades para formarse. A ensinanza é gratuíta e obrigatoria dos sete ós quince anos. O xardín de infancia, ó non ser parte obrigatoria, non está cuberta polo goberno. Hai centros privados, mais a diferencia é ínfima no caso de existir, xa que a administración central supervisa con minuciosidade todo o proceso educacional desde a gardaría ata o derradeiro ano de instituto. Por exemplo, modifican o currículo escolar cada cinco anos. É un modo de actualizar ó alumnado ás necesidades actuais.



O estudante medio pasa entre sete e oito horas no centro; antes de saír, sobre as cinco, hai unha merenda que ofrece o propio centro para que non cheguen tarde ás clases particulares, academias, etc., para ó fin chegar a casa e ter que estudar unhas horas máis.  Falando do mestrado, son moi respectados e controlados. “nin sequera debes pisar a sobra dun mestre.” Probas cada ano. Sobre 1600 euros ó mes. O almorzo nos centros tamén sae de balde. Un punto a favor é a obtención, supostamente desde o ano 2013, dun 100% de alfabetización: a principal causa pode ser o feito de que empezan a ler con dous ou tres anos. Matemáticas, Ciencias, Coreano, Inglés e Estudos da área Social ou Ciencias Sociais son as materias consideradas máis importantes. Pola contra a Educación Física non ten importancia. Moitos centros non contan cun ximnasio en boas condicións, e as universidades non teñen equipos deportivos. As TICs son imprescindibles, de feito foi o primeiro país en introducir acceso a internet de alta velocidade a tódolos niveis educativos, desde gardería ata universidade. Os mestres teñen que pasar probas de dominio para poder dar clase, pois consideran que son as ferramentas do futuro. Agora mesmo os libros de todo o alumnado son de formato dixital, e máis de tres millóns de alumnos estudan por Internet desde casa gracias a Cyberhome, unha plataforma dixital de reforzo para non ter que asistir a academias privadas.



División do sistema educativo: Preescolar, Primaria, Secundaria, Universidade. O período obrigatorio comprende primaria e secundaria e dura nove anos.

Preescolar. A pesar de non ser unha etapa obrigatoria, o número de centros de preescolar multiplicouse por doce desde o ano 1980. Aprenden a ler e escribir en coreano e en inglés; nocións básicas matemáticas e de música, ciencias e respecto ós maiores, pais e mestres. Tódolos nenos coreanos saben que e como facer en caso de incendio ou accidente. Xa nestes cursos levan tarefas para casa. 10 alumnos por clase

Primaria. O número de alumnos e alumnas pasou de 59 no ano 1960 a 28 no ano 2002. Un mestre para tódalas materias. As principais son Coreano, Inglés, Matemáticas, e Ciencias Sociais. Tamén adquiren certa importancia para o desenvolvemento da imaxinación as clases de música e debuxo.

Secundaria, á súa vez dividida en Media e Alta.

MEDIA: Aumenta o número de materias, con introducións coma Ética, Historia, Economía ou Informática. Cada grupo ten a súa clase. A taxa de alumando que pasa da educación media á alta é superior ó 99% durante todo o que vai de século XXI.

ALTA: a principal diferencia radica na capacidade de escoller unha especialización coma Ciencias, lingua estranxeira, Historia ou Arte. Once materias. Moitas veces as clases rematan pola noite. Dous tipos: xerais e vocacionais.

Antes de entrar na universidade tamén teñen a súa propia selectividade, en coreano “su-neung”, á que hai que engadir unha habitual proba de acceso da universidade en cuestión. É un día crucial na vida dun cidadán coreano, xa que do seu resultado dependen as súas posibilidades de ter un bo traballo e o seu futuro laboral. Tamén é crucial a data para os seus familiares, e incluso a policía ten a orde de facer chegar ós estudantes a tempo ós exames se o estiman necesario.

Os mellores alumnos marchan a estudar a EEUU ou Europa. As familias axudan con doazóns ós centros públicos. Destinan moitos cartos a formación post obrigatoria en máis do 90% das familias, xa que a educación é a porta do prestixio profesional. Abundan as academias e as escolas de cursos intensivos, o que supón máis énfase na aprendizaxe pasiva e na memorización, unha das dúas lacras polas que o sistema surcoreano é máis criticado, posto que neste tipo de institucións non se presta atención á comprensión ou á creatividade, tal como fai o sistema educativo surcoreano. Ata os exames carecen de creatividade e focalizan as cuestións  na memorización. Pero o motivo da existencia de tantas academias non é o medo ó suspenso, senón a necesidade de ser mellor cós demais, a poder ser o mellor de todos. E relacionado con este feito temos o outro aspecto negativo, que non é outro que o alto nivel de estrés ó que o alumnado está sometido durante todo o tempo da súa formación académica, xa que hai un fomento da competitividade que pode chegar a extremos moi preocupantes. Por exemplo, estamos a falar do país coa maior taxa de suicidio de xente xove do mundo, nove de cada cen mil menores de vinte cinco anos; e esta cifra está a aumentar. Morre máis xente por suicidio que en accidentes de tráfico ou de cancro. Como diciamos, prevalecen a competitividade e os resultados sobre o resto, porque non son educados senón para dirixir empresas e liderar proxectos, o que engade presión ó alumnado. Pero a consecuencia disto é moita frustración e sensación de fracaso nos estudos, o que leva a infelicidade e provoca malestares físicos e depresións. Tamén hai que dicir que os nenos e as nenas coreanos e coreanas non teñen tempo para xogar nin para socializarse, xa que está visto como perder o tempo, pois xa dormen pouco; está mal visto e incluso censurado segundo o centro o feito de ter parella, xa que resta tempo para estudar; así, o estudantado surcoreano é o máis infeliz do mundo, e pasa entre doce e dezaseis horas ó día en ocupacións educativas, xa no centro, en academias ou na casa.



PARA EXPLICAR A IDADE EN COREA: NO MOMENTO DE NACER, OS NENOS COREANOS XA TEÑEN UN ANO. A FORMACIÓN SUPERIOR A REMATAN CON 19 POR ESE MOTIVO. A partir dos 6 ou 7 anos, os nenos forman parte do sistema e inician a súa etapa educativa dentro do sistema. A escola primaria ou elemental, ten seis graos e vai ata os 13 anos. A escola media ten tres graos e vai desde os 14 ata os 16 anos e na escola superior se cursan tamén tres graos que van desde os 17 ata os 19 anos. Na escola primaria e media, os estudantes teñen moitas tarefas e unha carga extra curricular alta.



As tres mellores universidades en Corea do Sur —frecuuentemente referidas en conxunto como «SKY»—, son a Universidade Nacional de Seúl, a Universidade Koryu e a Universidade Yonsei.

A modo de curosidade, os pregrados duran catro anos polo xeral, excepto no caso de mediciña. Durante o curso da universidade, os homes deben realizar un ano de servizo militar obrigatorio, polo que as mulleres adoitan a se graduar antes ca os homes.



Horario:

Dividen o curso en dous semestres: do 1 de Marzo ó 15 de Xullo, e do 20 de Agosto ó 15 de Febreiro.

Conclusión: son dos mellores do mundo en matemáticas, ciencias e comprensión de lectura, pero a que prezo?

Polo lado negativo, a educación é moi cara. Moitas parellas recoñecen que non teñen máis fillos porque o prezo da educación é demasiado elevado. Ademais, é moi custoso física e psicoloxicamente para o alumnado, entre outros motivos pola alta competitividade. Outro punto negativo é que, debido á alta competitividade, as carreiras ordinarias xa non aseguran un posto de traballo ó remate da mesma.









BIBLIOGRAFÍA

http://www.oecd.org/korea/

https://www.mecd.gob.es/dctm/inee/internacional/pisa-2015 frameworks.pdf?documentId=0901e72b820fee48

http://south-korea.education/education-system-in-south-korea/

https://www.slideshare.net/Rhaiine/south-korea-educational-system

viernes, 28 de diciembre de 2018

Tema 3: La enseñanza-aprendizaje y certificación de lenguas extranjeras por las instituciones internacionales


            
             El tema de esta sesión versa acerca de la enseñanza-aprendizaje y de la certificación de lenguas extranjeras por las instituciones internacionales. El primer apartado enumeraba las distintas partes implicadas en el proceso de enseñanza-aprendizaje. Son obvias las dos más importantes y absolutamente esenciales para que el proceso pueda tener lugar: personal docente y alumnado. Pero hay más figuras, como los autores de manuales y los responsables de diseño de cursos. Y aquí me gustaría detenerme en una materia en concreto y su situación en España: la religión.

               Anteriormente, la asignatura de religión era cursada por la práctica totalidad de las aulas, mientras que los pocos estudiantes que no acudían a dicha materia tenían en su lugar Ética. Pero desde los años noventa el porcentaje de alumnos y alumnas que asiste a las clases de religión ha ido decreciendo hasta estar los niveles de ambas asignaturas muy parejos. Este dato quiere decir que la religión está perdiendo fuerza como asignatura optativa. Aun así, nuestro gobierno, lejos de afrontar el problema y apartar a la religión un poco más hacia la puerta de salida del colegio, permite que este sector campe a sus anchas por el sistema educativo español. En Francia, por dar un ejemplo cercano, la laicidad en los centros está a la orden del día: no solamente hablamos de no interpretar canciones tortuosas ni de recitar oraciones, sino de que tanto los docentes como el alumnado o cualquier trabajador del centro no pueden llevar ningún tipo de símbolo, lo que ya deja demostrado el compromiso francés con la laicidad en sus aulas.

               En España lo profesores de religión no son interinos ni funcionarios, pero tienen plaza fija. Se rigen bajo la regulación de los Profesores de Religión, que tienen la exclusiva de una asignatura, ya que nadie más que ellos pueden ejercer la docencia de dicha materia. Y la pregunta inevitable sería cuánto cobraría. Pues bien, en España se pagan al año más de quinientos millones de euros de dinero público a profesores de religión, lo que me parece inaceptable. El hecho de gastar dinero para traer a personal externo solo sirve para que más de cinco mil interinos se queden sin plaza. Pero aún hay más: ¿Quién decide el contenido de los libros de texto? Pues la Comisión Episcopal de Enseñanza y Catequesis, que es el organismo encargado de elegir, organizar y coordinar los contenidos incluidos en los libros de la asignatura de religión. Este hecho sucede así desde el año 1976, cuando tuvo lugar el acuerdo entre el Estado y la Conferencia Episcopal. En la actualidad, el material impartido en las sesiones de dicha asignatura se puede extraer de ciertos libros de texto o de la elaboración personal del docente, siempre manteniendo como base temática las claves de la fe cristiana. De hecho, desde el año 2007 hay un currículo que recoge los contenidos generales de la materia.

               Y aun hay un último punto chirriante en las condiciones de la materia de Religión en este país: FEPER. ¿Qué es FEPER? Es la Federación Estatal de Profesores de Enseñanza Religiosa, cuya cúpula directiva aparece retratada en su página web en una instantánea a las puertas del edificio del Congreso de los Diputados, con bolsa de compra de El Corte Inglés incluida. Pienso que no hay nada gratuito ni siquiera en esta foto, pero no hay espacio para comentar todo lo que me gustaría, así que vamos a centrarnos: FEPER aseguran respetar todo tipo de creencias y se consideran una organización inclusiva. Incluso llegan a decir en su página web que “las no creencias también forman parte de nuestra filosofía formativa y tienen su espacio en este foro que pretende ser libre y plural”. Pretende es una palabra muy bien empleada, porque a pesar de que en el estado español desde 1992 se recogen miembros representativos de cuatro religiones -católica, evangélica, islamista y judía- y, por lo tanto, a estas cuatro religiones se les reconocen, teóricamente, poderes para formar y designar profesores y profesoras para impartir la asignatura, la única verdad tangible es que absolutamente todas las personas adscritas a FEPER son católico-cristianas.



Por desgracia, y ya concluyo, dudo que tengamos una educación libre de las ataduras religiosas -que son ataduras católico-cristianas en realidad- que han sido impuestas a nuestros sistemas educativos desde hace ya demasiados años. Creo que la Iglesia va a seguir teniendo poder de decisión, pues es un organismo muy poderoso en España, y aun por encima desde otros organismos que serían los que deberían cortar las alas a la Iglesia se fomenta la situación actual. Mientras haya circunstancias obsoletas, como el hecho de poder marcar la cruz de la Iglesia en la declaración de la renta, este país seguirá sufriendo el retraso social que conlleva el permitir que una secta legal dirija el panorama educativo de una materia que no debería ser de obligatoria presencia en el programa de los centros -no es obligatorio cursar la asignatura de Religión, mas sí es obligatorio que los centros la oferten-. Pienso que si el sueldo de los docentes de Religión es pagado por la Xunta -en el caso de Galicia-, debería ser la propia Xunta de Galicia la que decidiera y escogiera qué docentes imparten la asignatura y cuál va a ser el temario.







BIBLIOGRAFÍA: