Mostrando entradas con la etiqueta Cristina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cristina. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de enero de 2019

Didáctica Cristina

            Na primeira clase con Cristina coñecimos o termo "mediación" no ámbito didáctico. Para afondar un pouco no significado de mediación, comezamos por facer unha introducción sobre a bagaxe de linguas faladas por cada membro e membra da clase. Esta actividade serviu para ver o plurilingüistas que somos, o que leva a seguinte pregunta: que é o plurilingüismo? Sinxelamente dito, o plurilingüismo non é outra cousa que falar varias linguas. Usamos as linguas para axudarnos na aprendizaxe doutras. Tódalas linguas que saibamos poden axudar a aprender unha nova lingua, incluso aquelas que practicamente descoñecemos ou das que so sabemos un feixe de termos. Evidentemente, hai distintos niveis de coñecemento de linguas, e no exercicio feito na clase nós mesmos nos decatamos de que non temos o mesmo nivel de coñecemento da nosa lingua nativa coma doutra calqueira aprendida con posterioridade, e mesmo dentro deste derradeiro grupo, o noso nivel fluctúa moito: algunas linguas so as entendemos, outras as sabemos ler, e outras as podemos falar.
Dentro dos diferentes grupos de linguas, podemos falar dos diversos casos con que nos podemos atopar. Por exemplo, as linguas que están máis achegadas xeograficamente son útiles de falar -pola proximidade xeográfica, pode haber negocios, transaccións, ou mesmo intercambios-, e moitas veces resulta máis sinxelo aprendelas, seica mesmo por esa proximidade xeográfica. Outras linguas  que tamén son sinxelas de aprender son aquelas linguas que se atopan dentro da mesma familia. Estes simplemente son varios motivos para aprender linguas. A conclusión que se popde extraer disto é que as linguas valen para comunicarse, mais tamén poden valer para aprender outras linguas, pois cada vez é máis frecuente nas aulas o emprego da lingua materna, en contra do que era común ata agora, que era case un pecado capital o uso da túa lingua materna. Unha vez aclarado o plurilingüismo, tivemos que responder á seguinte cuestión: que papel ten o plurilingüismo nas aulas? Hai que decir que o plurilingüismo hoxe en día non require un dominio completo da lingua, nin sequera a correcta fala da mesma. Hai diferentes graos de plurilingüismo: podes falar unha lingua mellor ou peor, ter un abanico de vocabulario maior ou menor, entender a lingua cando te falan, ler fragmentos na lingua ou simplemente comprender un texto. Xa que o concepto de plurilingüismo mudou deste xeito, agora podemos decir que moita xente é plurilingüista, pois semella sinxelo ter acceso ó dominio polo menos dalgunha das categorías de dúas linguas, e con iso unha persoa xa sería plurilingüista. Finalmente, Cristina pediunos reflexionar sobre se estamos a favor ou en contra do uso doutras linguas distintas da lingua meta durante as sesións da derradeira. Xa dixen previamente que estou claramente a favor, tal vez polo feito de que eu non tiven a oportunidade de empregala, e pensó que unas linguas poden axudar ó aprendizaxe doutras. 
Mediación: achegar información a unha persoa que, pola causa que sexa, non pode comprender a información achegada na lingua orixinal. Hai catro modos de comunicación: comprensión, expresión -produción-, interacción -coprodución- e mediación. A interacción inclúe ós dous anteriores, e a mediación ós tres anteriores. Antes os motivos da aprendizaxe de linguas eran traballo, viaxe ou emigrar. Agora a sociedade é plurilinguista en si mesma.


Os tres tipos de actividade de aprendizaxe comunicativa. Fixemos unha actividade por grupos. No meu grupo escollemos o texto dunha canción para a opción de mediación, "La puerta violeta", de Rozalén, cos meus compañeiros Marcela e Santi, para o que tivemos que saber diferenciar a comprensión extensiva da intensiva. A comprensión extensiva di que canto máis estea exposto o alumno á lingua en cuestión mellor, pero ten que estar exposto de forma voluntaria, facelo porque quere. Algúns exemplos de actividades poden ser ler moito, ver series,... Non son profundas as actividades. Outros exemplos son o uso de audios curtos, para non agobiar, impresionar/asustar ou deprimir. Decidimos ubicar a actividade no día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, facendo un traballo de colaboración entre centros de secundaria da Unión Europea, focalizando o traballo na interpretación das moitas metáforas presentes no texto, e tendo moi diversas opinión debido ó feito de que haberá alumnados de diferentes países e culturas.
Variedades de lingua: hai que ser conscientes das diferentes formas que ten unha lingua, cada matiz diferente é unha dose de riqueza lingüística. Os vídeos tamén valen para substituír un libro de texto, mais hai que ter en conta o número de escoitas necesarias. Normalmente entre dúas e tres escoitas adoita ser suficiente, aínda que todo depende, obviamente, do seu nivel de comprensión. O papel do docente require organizar, dar tempo para que lean as preguntas e o texto, explicar claramente o que hai que facer, e tal vez o máis dificultoso: observar mentres fan a actividade. Hai varias fases: Prefase: instruccións e 3 escoitas con diferentes actividades cada unha, hai diccionarios que engaden o nivel na entrada da palabra, por exemplo: table, A2, polo que non poderiamos usar esta palabra en A1.
Se falamos, por outro lado, das actividades de produción e interacción escrita, teñen o inconveniente de que consumen moito tempo. Mais existen actividades breves e sinxelas de realizar, como as cadeas de chat, que poden ser sobre films, se gustou ou non alguna canción, anuncios por palabras, incluso escribir reseñas: sobre un libro ou unha peli; tamén se poden facer contos encadeados, no que cada un escribe unha frase sen saber máis ca anterior, ou blogs colaborativos, nos que o alumnado traballa de maneira individual nun ben colectivo, ou redactar poemas breves, do estilo dos haiku.

As notas numéricas son negativas en moitos aspectos: o alumnado compárase e incluso pódese chegar a marxinar a alguén por malas notas; estudosos da materia din que a nota numérica eclipsa todo o demais e non se produce ningún beneficio de ela. Poden correxir entre eles, incluso cousas concretas entre eles, coma concordancia sux-vbo. Kaizena Expresión ORAL Feedback e corrección Hai que ter ideas para que os nenos e nenas falen de cousas diferentes 1. Who's Telling the Truth? Have each student write three facts about themselves that nobody in the class knows on a piece of paper. Make sure each student includes his/her name on the top of the paper. Collect the sheets of paper and bring three students to the front of the room. Read aloud one of the facts that is true for one of the students in the front of the room. The class then proceeds to question the students in an attempt to determine who is telling the truth, and who is lying. Each student is allowed to ask one question to one of the three students. After a round of questioning, the students predict who is telling the truth. O ideal sería que cada neno fixera un statement e o resto dixera se é verdade ou non. Rúbrica O primeiro é definir os criterios, que han de ser axeitados co que se pide, claros, observables (“está moi pensado o traballo” é algo non tanxible nin comprobable) 4 niveis son suficientes Categorizar os criterios O alumnado debe coñecer antes de facer o traballo os valores da rúbrica. Siempre, a veces, nunca: non é unha rúbrica, xa que mide cantidade, non calidade. Non cortar a posible creatividade do alumnado na descripción da rúbrica. Para nenos será máis interesante se está escrita en primeira persoa. A rúbrica ten que ter reflexados os obxectivos nela.

martes, 8 de enero de 2019

O meu mestrado


Desde que deu comezo o mestrado marcho de casa ás seis da mañán e volto ás dez da noite. Iso conleva cansazo mental.

Penso que a carga de traballo ten maniatada a toda a aula -salvo algún despistado, tal vez-, e é una magoa non poder afondar en certos contidos porque hai que adicar moito tempo a tarefas e exercicios, o que provoca que sexa case imposible desfrutar a experiencia. Gustaríame facer unha reflexión e centrarme no meu caso. Por razón laboráis -teño dous traballos e dou clases particulares- levo un ritmo de vida algo, digamos, extremo. Non teño tempo para min, e iso é complicado de aceptar. Vaia por diante que o levo ben, a xente do curso é moi agradable e fai que a enchenta de actividades non acabe comigo. Está claro que eu elexín facer o mestrado ó mesmo tempo que me ergo ás seis menos cuarto da mañá. Aínda así, o corrente sería que quedase durmido na aula a partir da segunda hora, pero non é o caso. Non vou enganar a ninguén dicindo que todo o temario do mestrado é maravilloso e está moi ben escollido, pero hai moitas partes que chaman a miña atención, mais non teño tempo material para afondar un pouco, xa que non é algo que sexa imprescindible para a realización das tarefas esixidas durante a sesión. E tal e como está plantexado este mestrado, hai que racionar moi intelixentemente o tempo do que dispoñemos, e no meu caso é crucial sacar proveito de cada intre libre que atope no meu día a día.

Ó comezo do mestrado estaba moi animado, mais o primeiro día caeu un menhir sobre todos cando a primeira docente falou dun traballo “algo longo”. Eu entrei nunha espiral de agobio da que non era quen de saír. As semanas son moi longas nestas condicións, e os luns pola tarde sentía a sombra do que tiña por diante ata o domingo pola tarde, único anaco de liberdade. O cansazo acumúlase ó longo dos días, cada noite durmes menos e cada clase vas máis retrasado cos novos encargos que van chegando. Vas deixando de dar clase a algún neno, solicitando e rebaixando as horas nos traballos, deixando a dúas nenas máis sen clases e quedando soamente con tres elexidos por compatibilidade de horarios e polo interese que amosaban eles -máis que as súas nais e país- en seguir adiante coas clases, aínda que algunhas clases tivesen que ser en sábado ou domingo.

Deste xeito fun gañando espazo temporal para facer todo o novo que ía chegando, e tamén recuperar algo de terreno co material adiado. Agora desfruto das clases, ás veces máis, ás veces menos, pero estou ben. Simplemente agobiado polas continuas tarefas que hai que facer e entregar en clase, case todas vía internet. Para colmo, he de recoñecer que non me levo precisamente ben coa tecnoloxía, e canto máis nova peor, pero ésta é outra historia. Como ía dicindo, agora desfruto as clases, pero non o traballo que temos que facer na casa. Debido ó volume das actividades e ó escasísimo tempo do que dispoño, cada vez que me poño a traballar despois de cear vexo que apenas quedan un feixe de horas para me erguer, e entón entra en acción a miña parte práctica. E insisto en que me amola enormemente non ter máis tempo para adicar á resolución dos traballos, a investigar con máis profundidade nos temas das presentacións, a non elaborar en condicións o blog no que publico este mesmo escrito. Eu son consciente cada vez que entro de que o deseño é inexistente, e o tempo empregado en partes do blog que non sexan documentos é mínima -penso que tal vez Aarón, que me axudou un par de veces na aula co blog, ten máis tempo empregado na parte formal e visual do meu blog ca min-.


Si que é certo que o meu caso é algo extremo, mais considero que a estructura e a carga de traballo para o alumnado debería de  se revisar e adaptar coherentemente á situación daqueles que pagan a matrícula do curso. Hai xente que non ten máis ocupación que o mestrado, e poden adicar tempo incluso ós aspectos interesantes pero non relevantes ós que facía referencia antes. Pero hai unha gran parte do alumnado que ten algún tipo de ocupación profesional. Eu penso que practicamente todos gustariamos dunha menor carga de traballo e una focalización en menos aspectos, pero con maior profundidade. Desde o primeiro día sentín que estaba entrando nunha espiral de traballos acuciantes da que ía ser imposible fuxir. Eu non quero que isto se repita ano tras ano, e pensando máis nos sucesores do meu posto ca no meu propio caso, gustariame que este escrito no que plasmo a miña negativa experiencia -pero que podería ser moi positiva con algúns cambios- servese para modificar un mestrado excesivamente cargado de contidos protocolarios e sucesións de traballos que non teñen final, para que o futuro alumnado sexa quen de valorar positivamente un ano que debería ser crucial na formación da profesión que vai ocupar o noso tempo durante o resto das nosas vidas.