Mostrando entradas con la etiqueta Úrsula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Úrsula. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de marzo de 2019

Entrada Didáctica de las lenguas extranjeras

Sesión 1
  • Exercicio 1: Exemplo de actividades de titoría para fomentar a LE

Actividade de debate sobre o dereito á autodeterminación dos pobos e o dereito á integridade dos Estados. A raíz da importante presenza do caso de Cataluña nos medios de comunicación, decídese realizar unha actividade de debate que permita ao alumnado adoptar un punto de vista amplo aprendendo sobre outros exemplos presentes en países de fala inglesa ou francesa, como son os casos de Escocia en Reino Unido ou Quebec en Canadá.

Temporalización
Para preparar ao longo de varias sesións. Apto para calquera momento do ano escolar.
Nivel
Realizable en calquera curso, aínda que máis recomendado para segundo ciclo da ESO ou para bacharelato.
Obxectivos
  • Fomentar o pensamento crítico e a reflexión sobre temas de actualidade.
  • Inspirar o respecto, a tolerancia e a liberdade de opinión.
  • Mellorar as habilidades comunicativas: expresión, comprensión, interacción e mediación.
  • Empregar as TIC para a busca e contraste de información.
  • Tomar conciencia das relacións internacionais e a globalización.
  • Fomentar o interese pola actualidade doutros países.
Descrición da tarefa
  1. O alumnado, por parellas ou en pequenos grupos, deberá realizar unha busca de información (artigos en diversos xornais locais, noticias, estadísticas oficiais, etc) sobre os procesos de autodeterminación dos casos escocés, quebequés e catalán. O docente pode proporcionar unha ficha cunha serie de aspectos a tratar que sirva de guía.
  2. Cada grupo compartirá a información recollida co resto de compañeiros e compañeiras mediante unha presentación que se pode apoiar en calquera tipo de material que poida ser interesante (imaxes, gráficas, vídeos, etc.). Deste xeito tódolos grupos terán unha idea xeral da situación en cada un dos países.
  3. O grupo-aula será dividido agora en catro novos equipos para levar a cabo o debate, dous a favor e dous en contra da independencia, sendo interesante que cada grupo adopte un rol ficticio, como por exemplo de goberno central, goberno rexional, multinacional, asociación de cidadáns… O alumnado debe manter presente que non se trata da defensa de opinións persoais, senón da posición do rol que lle corresponde.
  4. Antes do debate, reservarase un tempo para a preparación de argumentos e a anticipación de preguntas e posibles respostas.
  5. Finalmente, levarase a cabo o debate no que o titor ou un ou máis alumnos poden actuar como moderadores. Cada grupo fará unha intervención inicial expoñendo a súa posición con respecto á situación, e posteriormente se abrirá a discusión facendo fincapé no respecto das quendas de palabra.
Recursos
  • Aula de informática, ordenadores, tabletas, teléfonos móbiles ou outros para a busca de información.
  • Pupitres móbiles para a disposición da aula de xeito idóneo para un debate.


  • Exercicio 2: Que tipo de actividades son mellores para PMAR?

Sesión 2
  • Exercicio 1: Exemplo de actividades para realizar con auxiliar de conversación

Temporalización
Durante unha sesión do terceiro trimestre, a modo de preparación para as probas ABAU
Nivel
2º de Bacharelato
Obxectivos
  • Empregar o Reported Speech
  • Empregar os tempos pasados
  • Activar vocabulario xenérico
  • Reformular a mensaxe, adaptándose e anticipando posibles carencias de vocabulario e gramática.
  • Improvisar  en lingua estranxeira interactuando con varios falantes.
Descrición da tarefa
  1. O auxiliar de conversación expón unha situación hipotética na que pide un favor ao alumnado pero este non o cumpre.
  2. Seguidamente, o auxiliar pide explicacións ao alumnado, que un por un irá construíndo unha historia que explique a falta de compromiso, apoiándose no discurso do compañeiro/a que o/a preceda. O auxiliar pode intervir para guiar a historia, animar ou cambiar a orde de participación, etc.
Exemplo:
  • (Christian) I couldn’t return the book you gave me to the library because I was sick, so I gave it to Lucía.
  • (Lucía) Yes, Christian gave it to me and told me to return it to the library, but then my mom asked me to go to the supermarket, so I asked Carlos to return it for me.
  • (Auxiliar) Then… Carlos, have you got the book yet?
…
  1. O docente pode ir tomando nota de aspectos a corrixir ou sobre os que reflexionar.
Recursos
O auxiliar de conversación como recurso humano.


  • Exercicio 2: Deseña as 5 Cs dunha lección de CLIL, incluíndo unha actividade con auxiliar

Materia
Historia
Título
Born in the U.S.A.
Nivel
1º Bacharelato
Temporalización
Dúas sesións de 50 minutos
Tema
A guerra de Vietnam
Contido
A guerra de Vietnam e as súas consecuencias para E.E.U.U.
Comunicación
Past Participle Irregular verbs.
Os diferentes tempos pasados en inglés.
Vocabulario de contexto bélico.
Cognición
Entender a guerra de Vietnam: causas; e as consecuencias: soldados con secuelas non so físicas e psicolóxicas, senón tamén de afastamento da sociedade, en moitos casos sen traballo nin acceso a el, e esquecidos polo país polo que loitaron.
Competencias
Que significou Vietnam para os E.E.U.U. e os problemas que tivo o país -moi dividido- mesmo xa desde antes de dar comezo.
Traballar en grupos.
Habilidade de escritura e expresión creativa.
Entender a ironía do cantante en certas pasaxes (e diferenciar da rabia amosada noutras).
Comunidade
Desde os conflitos máis pequenos ata os maiores problemas, hai que buscar a mellor solución pacificamente: todas as guerras rematan mal para ambos bandos, vencedores e vencidos.
Recursos
Reprodutor de música coa canción, portada, follas para a actividade de encher os ocos


martes, 8 de enero de 2019

O meu mestrado


Desde que deu comezo o mestrado marcho de casa ás seis da mañán e volto ás dez da noite. Iso conleva cansazo mental.

Penso que a carga de traballo ten maniatada a toda a aula -salvo algún despistado, tal vez-, e é una magoa non poder afondar en certos contidos porque hai que adicar moito tempo a tarefas e exercicios, o que provoca que sexa case imposible desfrutar a experiencia. Gustaríame facer unha reflexión e centrarme no meu caso. Por razón laboráis -teño dous traballos e dou clases particulares- levo un ritmo de vida algo, digamos, extremo. Non teño tempo para min, e iso é complicado de aceptar. Vaia por diante que o levo ben, a xente do curso é moi agradable e fai que a enchenta de actividades non acabe comigo. Está claro que eu elexín facer o mestrado ó mesmo tempo que me ergo ás seis menos cuarto da mañá. Aínda así, o corrente sería que quedase durmido na aula a partir da segunda hora, pero non é o caso. Non vou enganar a ninguén dicindo que todo o temario do mestrado é maravilloso e está moi ben escollido, pero hai moitas partes que chaman a miña atención, mais non teño tempo material para afondar un pouco, xa que non é algo que sexa imprescindible para a realización das tarefas esixidas durante a sesión. E tal e como está plantexado este mestrado, hai que racionar moi intelixentemente o tempo do que dispoñemos, e no meu caso é crucial sacar proveito de cada intre libre que atope no meu día a día.

Ó comezo do mestrado estaba moi animado, mais o primeiro día caeu un menhir sobre todos cando a primeira docente falou dun traballo “algo longo”. Eu entrei nunha espiral de agobio da que non era quen de saír. As semanas son moi longas nestas condicións, e os luns pola tarde sentía a sombra do que tiña por diante ata o domingo pola tarde, único anaco de liberdade. O cansazo acumúlase ó longo dos días, cada noite durmes menos e cada clase vas máis retrasado cos novos encargos que van chegando. Vas deixando de dar clase a algún neno, solicitando e rebaixando as horas nos traballos, deixando a dúas nenas máis sen clases e quedando soamente con tres elexidos por compatibilidade de horarios e polo interese que amosaban eles -máis que as súas nais e país- en seguir adiante coas clases, aínda que algunhas clases tivesen que ser en sábado ou domingo.

Deste xeito fun gañando espazo temporal para facer todo o novo que ía chegando, e tamén recuperar algo de terreno co material adiado. Agora desfruto das clases, ás veces máis, ás veces menos, pero estou ben. Simplemente agobiado polas continuas tarefas que hai que facer e entregar en clase, case todas vía internet. Para colmo, he de recoñecer que non me levo precisamente ben coa tecnoloxía, e canto máis nova peor, pero ésta é outra historia. Como ía dicindo, agora desfruto as clases, pero non o traballo que temos que facer na casa. Debido ó volume das actividades e ó escasísimo tempo do que dispoño, cada vez que me poño a traballar despois de cear vexo que apenas quedan un feixe de horas para me erguer, e entón entra en acción a miña parte práctica. E insisto en que me amola enormemente non ter máis tempo para adicar á resolución dos traballos, a investigar con máis profundidade nos temas das presentacións, a non elaborar en condicións o blog no que publico este mesmo escrito. Eu son consciente cada vez que entro de que o deseño é inexistente, e o tempo empregado en partes do blog que non sexan documentos é mínima -penso que tal vez Aarón, que me axudou un par de veces na aula co blog, ten máis tempo empregado na parte formal e visual do meu blog ca min-.


Si que é certo que o meu caso é algo extremo, mais considero que a estructura e a carga de traballo para o alumnado debería de  se revisar e adaptar coherentemente á situación daqueles que pagan a matrícula do curso. Hai xente que non ten máis ocupación que o mestrado, e poden adicar tempo incluso ós aspectos interesantes pero non relevantes ós que facía referencia antes. Pero hai unha gran parte do alumnado que ten algún tipo de ocupación profesional. Eu penso que practicamente todos gustariamos dunha menor carga de traballo e una focalización en menos aspectos, pero con maior profundidade. Desde o primeiro día sentín que estaba entrando nunha espiral de traballos acuciantes da que ía ser imposible fuxir. Eu non quero que isto se repita ano tras ano, e pensando máis nos sucesores do meu posto ca no meu propio caso, gustariame que este escrito no que plasmo a miña negativa experiencia -pero que podería ser moi positiva con algúns cambios- servese para modificar un mestrado excesivamente cargado de contidos protocolarios e sucesións de traballos que non teñen final, para que o futuro alumnado sexa quen de valorar positivamente un ano que debería ser crucial na formación da profesión que vai ocupar o noso tempo durante o resto das nosas vidas.