Contexto
Corea do Sur é unha nación do leste de Asia; ten case cen mil quilómetros
cadrados e conta con máis de cincuenta millóns de habitantes. A capital é Seúl,
bastante preto da fronteira con Corea do Norte. A meirande parte da poboación
reside en cidades, debido a masiva migración de xente procedente do rural
durante a explosión económica que durou desde os anos setenta ata finais de
século.
Corea sufriu múltiples invasións ó longo da historia, sobre todo por parte
de China e Xapón. A derradeira invasión(1910-1945) rematou tras a rendición de
Xapón ante os aliados; desde entón, o paralelo 38 foi a liña que marcou o
réxime de administración soviético no norte e americano no sur. O 15 de agosto
de 1948, estableceuse a República Democrática de Corea, con Syngman Rhee como seu
primeiro presidente; o 9 de Setembro de 1948, establécese a República
Democrática Popular de Corea baixo o mandato de Kim Il-sung. E no 25 de Xuño de
1950, forzas norcoreanas invadiron Corea do Sur. Non imos afondar en detalles
da guerra coreana. Simplemente que o día 27 de Abril do ano 1953 ambas Coreas (e
as súas “partes estranxeiras”) acordaron un tratado de paz. A partires deste
momento, en Corea do Sur houbo moitos disturbios políticos contra a autocracia
de Syngman Rhee, rematando coa revolta dos estudantes de 1960. Logo de varios
golpes militares nos anos sesenta, o país sufriu un crecemento económico
incrible, multiplicando por quince nos seguintes vinte anos o crecemento da
outra Corea.
Contexto educativo
Hai uns cincuenta anos, Corea do Sur estaba devastada pola guerra civil na
que estivera inmersa, cun dos considerados peores sistemas educativos do
planeta nese momento. Mais no último medio século deu un cambio á situación e
na actualidade os coreanos dispoñen dun dos máis apreciados sistemas educativos
do mundo. Os diferentes gobernos sempre pensaron na educación
como un medio para sacar ó país da pobreza -a diferenza de España, as leis
educativas non se ven afectadas polos cambios de goberno- e xerar un capital
humano que sexa quen de compensar a súa falta de recursos. Así, destinan
máis dun sete por cento do seu PIB á educación, cando a media é dun 6%, sempre
seguindo os datos da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento
Económico. España destina un 4,3%, por exemplo. Isto é unha razón de que o
sistema educativo é estrito e está excesivamente estruturado. De feito, a formación
está ligada ó patriotismo: canto mellor sexa no meu, máis axudarei ó meu país.
E hai moitas facilidades para formarse. A ensinanza é gratuíta e obrigatoria
dos sete ós quince anos. O xardín de infancia, ó non ser parte obrigatoria, non
está cuberta polo goberno. Hai centros privados, mais a diferencia é ínfima no
caso de existir, xa que a administración central supervisa con minuciosidade
todo o proceso educacional desde a gardaría ata o derradeiro ano de instituto. Por
exemplo, modifican o currículo escolar cada cinco anos. É un modo de actualizar
ó alumnado ás necesidades actuais.
O estudante medio pasa entre sete e oito horas no centro; antes de saír,
sobre as cinco, hai unha merenda que ofrece o propio centro para que non
cheguen tarde ás clases particulares, academias, etc., para ó fin chegar a casa
e ter que estudar unhas horas máis. Falando
do mestrado, son moi respectados e controlados. “nin sequera debes pisar a
sobra dun mestre.” Probas cada ano. Sobre 1600 euros ó mes. O almorzo nos
centros tamén sae de balde. Un punto a favor é a obtención, supostamente desde
o ano 2013, dun 100% de alfabetización: a principal causa pode ser o feito de
que empezan a ler con dous ou tres anos. Matemáticas,
Ciencias, Coreano, Inglés e Estudos da área Social ou Ciencias Sociais son as
materias consideradas máis importantes. Pola contra a Educación Física non ten
importancia. Moitos centros non contan cun ximnasio en boas condicións, e as
universidades non teñen equipos deportivos. As TICs son imprescindibles, de
feito foi o primeiro país en introducir acceso a internet de alta velocidade a
tódolos niveis educativos, desde gardería ata universidade. Os mestres teñen
que pasar probas de dominio para poder dar clase, pois consideran que son as
ferramentas do futuro. Agora mesmo os libros de todo o alumnado son de formato
dixital, e máis de tres millóns de alumnos estudan por Internet desde casa
gracias a Cyberhome, unha plataforma dixital de reforzo para non ter que asistir
a academias privadas.
División do sistema
educativo: Preescolar,
Primaria, Secundaria, Universidade. O período obrigatorio comprende primaria e
secundaria e dura nove anos.
Preescolar. A pesar de non ser unha etapa
obrigatoria, o número de centros de preescolar multiplicouse por doce desde o
ano 1980. Aprenden a ler e escribir en coreano e en inglés; nocións básicas
matemáticas e de música, ciencias e respecto ós maiores, pais e mestres.
Tódolos nenos coreanos saben que e como facer en caso de incendio ou accidente.
Xa nestes cursos levan tarefas para casa. 10 alumnos por clase
Primaria. O número de alumnos e alumnas pasou de 59
no ano 1960 a 28 no ano 2002. Un mestre para tódalas materias. As principais
son Coreano, Inglés, Matemáticas, e Ciencias Sociais. Tamén adquiren certa
importancia para o desenvolvemento da imaxinación as clases de música e debuxo.
Secundaria, á súa vez dividida en Media e Alta.
MEDIA: Aumenta o número de materias, con
introducións coma Ética, Historia, Economía ou Informática. Cada grupo ten a
súa clase. A taxa de alumando que pasa da educación media á alta é superior ó
99% durante todo o que vai de século XXI.
ALTA: a principal diferencia radica na
capacidade de escoller unha especialización coma Ciencias, lingua estranxeira,
Historia ou Arte. Once materias. Moitas veces as clases rematan pola noite. Dous
tipos: xerais e vocacionais.
Antes de entrar na universidade tamén
teñen a súa propia selectividade, en coreano “su-neung”, á que hai que engadir
unha habitual proba de acceso da universidade en cuestión. É un día crucial na
vida dun cidadán coreano, xa que do seu resultado dependen as súas
posibilidades de ter un bo traballo e o seu futuro laboral. Tamén é crucial a
data para os seus familiares, e incluso a policía ten a orde de facer chegar ós
estudantes a tempo ós exames se o estiman necesario.
Os mellores alumnos marchan a estudar a EEUU ou Europa. As familias axudan
con doazóns ós centros públicos.
Destinan moitos cartos a formación post obrigatoria en máis do 90% das familias,
xa que a educación é a porta do prestixio profesional. Abundan as academias e as escolas de
cursos intensivos, o que supón máis énfase na aprendizaxe pasiva e na
memorización, unha das dúas lacras polas que o sistema surcoreano é máis
criticado, posto que neste tipo de institucións non se presta atención á
comprensión ou á creatividade, tal como fai o sistema educativo surcoreano. Ata
os exames carecen de creatividade e focalizan as cuestións na memorización. Pero o motivo da existencia
de tantas academias non é o medo ó suspenso, senón a necesidade de ser mellor
cós demais, a poder ser o mellor de todos. E relacionado con este feito temos o
outro aspecto negativo, que non é outro que o alto nivel de estrés ó que o
alumnado está sometido durante todo o tempo da súa formación académica, xa que
hai un fomento da competitividade que pode chegar a extremos moi preocupantes.
Por exemplo, estamos a falar do país coa maior taxa de suicidio de xente xove
do mundo, nove de cada cen mil menores de vinte cinco anos; e esta cifra está a
aumentar. Morre máis xente por suicidio que en accidentes de tráfico ou de
cancro. Como diciamos, prevalecen a competitividade e os resultados sobre o
resto, porque non son educados senón para dirixir empresas e liderar proxectos,
o que engade presión ó alumnado. Pero a consecuencia disto é moita frustración
e sensación de fracaso nos estudos, o que leva a infelicidade e provoca
malestares físicos e depresións. Tamén hai que dicir que os nenos e as nenas
coreanos e coreanas non teñen tempo para xogar nin para socializarse, xa que
está visto como perder o tempo, pois xa dormen pouco; está mal visto e incluso censurado
segundo o centro o feito de ter parella, xa que resta tempo para estudar; así,
o estudantado surcoreano é o máis infeliz do mundo, e pasa entre doce e
dezaseis horas ó día en ocupacións educativas, xa no centro, en academias ou na
casa.
PARA EXPLICAR A IDADE EN COREA: NO MOMENTO DE NACER, OS NENOS COREANOS XA
TEÑEN UN ANO. A FORMACIÓN SUPERIOR A REMATAN CON 19 POR ESE MOTIVO. A partir dos
6 ou 7 anos, os nenos forman parte do sistema e inician a súa etapa educativa
dentro do sistema. A escola primaria ou elemental, ten seis graos e vai ata os
13 anos. A escola media ten tres graos e vai desde os 14 ata os 16 anos e na
escola superior se cursan tamén tres graos que van desde os 17 ata os 19 anos. Na
escola primaria e media, os estudantes teñen moitas tarefas e unha carga extra
curricular alta.
As tres mellores universidades en Corea do Sur —frecuuentemente referidas
en conxunto como «SKY»—, son a Universidade Nacional de Seúl, a Universidade
Koryu e a Universidade Yonsei.
A modo de curosidade, os pregrados duran catro anos polo xeral, excepto no
caso de mediciña. Durante o curso da universidade, os homes deben realizar un ano
de servizo militar obrigatorio, polo que as mulleres adoitan a se graduar antes
ca os homes.
Horario:
Dividen o curso en dous semestres: do 1 de Marzo ó 15 de Xullo, e do 20 de
Agosto ó 15 de Febreiro.
Conclusión: son dos mellores do mundo en matemáticas, ciencias e comprensión
de lectura, pero a que prezo?
Polo lado negativo, a educación é moi cara. Moitas parellas recoñecen que
non teñen máis fillos porque o prezo da educación é demasiado elevado. Ademais,
é moi custoso física e psicoloxicamente para o alumnado, entre outros motivos
pola alta competitividade. Outro punto negativo é que, debido á alta
competitividade, as carreiras ordinarias xa non aseguran un posto de traballo ó
remate da mesma.
BIBLIOGRAFÍA
http://www.oecd.org/korea/
https://www.mecd.gob.es/dctm/inee/internacional/pisa-2015
frameworks.pdf?documentId=0901e72b820fee48
http://south-korea.education/education-system-in-south-korea/
https://www.slideshare.net/Rhaiine/south-korea-educational-system
Boas Alejandro!
ResponderEliminarNoraboa pola presentación, está moi completa e ben estruturada. Pareceume moi interesante que incluíses ao comezo unha breve contextualización histórica, pois é certo que para entender a concepción contemporánea da educación nun territorio determinado hai que remontarse ao pasado. En canto ao sistema educativo de Corea do Sur na actualidade, teño unha opinión bastante contraria. A dureza do mesmo e a presión á que están sometidos os estudantes fai que nos plantexemos que é para nós o éxito, neste caso educativo, e se realmente merece a pena. En fin, antes de poñerme máis filosófica gustaríame desexarche boas festas. Desfruta do que queda de "vacacións"!
Un saúdo,
Laura Rodríguez Fernández
Moitas gracias polo teu comentario, e feliz volta ás clases! Como xa dixen na presentación, contextualizar é vital para entender unha cultura e unha lingua. Por iso penso que aquí deberiamos aprender algo da cultura da que procede a lingua que estamos a aprender.
EliminarOla Alejandro!
ResponderEliminarA túa presentación pareceume moi interesante e gustoume moito aprender sobre o sistema educativo surcoreano, porque penso que está moi ben aprender sobre os diferentes sistemas educativos que hai ao redor do mundo. En canto a este sistema, concordo contigo nos diferentes aspectos negativos que presenta. Dende o meu punto de vista, é un sistema educativo enfocado dende unha perspectiva na que o importante non é aprender, senón “ser o mellor”. Ademais, non ten en conta a saúde e benestar do alumnado, aspecto que debería ser primordial, e o perigo que isto supón vese reflectido no feito de que conte con tantas mortes por suicidio de estudantes. Polo tanto, por moi bos resultados que obteña o alumnado, isto non debe xustificar a enorme presión á que son sometidos.
Unha presentación moi interesante! Felices festas!
Iria.
Ola Iria!
EliminarEstá claro que semellante índice de suicidios de xente menor de vintecinco anos é motivo suficiente para pensar que algo falla. Pero eu aínda vou un paso máis, e creo que as medidas hai que tomalas moito antes: desde o momento en que una alta porcentaxe de estudantes teñen depresión, o sistema, por moi eficiente que sexa, está a ser negativo, xa que está a perxudicar a saúde das persoas que o día de mañán serán os encargados de facer traballar ó motor da súa nación.
Un saúdo e gracias polo teu comentario!
Ola, Alejandro!
ResponderEliminarParabéns pola presentación! Gustoume moito aprender sobre este sistema educativo, xa que non tiña nin idea. Ademais, recordo que a partir dos datos que presentaches tivemos un debate moi ameno. A min recordoume ao sistema chinés, o cal coñezo algo máis. Neste caso, é unha auténtica loucura que non se teña actualizado dende 1960, sobre todo, vendo a súa relación directa cos suicidios, entre outros problemas. Non ocultan os seus intereses! Iso si que é medio loable... En fin! Dame por pensar, tamén, que os informes PISA deberían de ter en conta algo máis que os resultados das probas, xa que este non é un sistema que poida valer como referencia.
Noraboa de novo! Vémonos prontiño!
Ola Laura!
EliminarMoitas gracias polo teu comentario! Respecto do que dis, está claro que os informes PISA tamén están politizados, e parece que algún países gustan de estar nesa lista a calquera prezo porque da prestixio.
Un saúdo!
Ola, Alejandro!
ResponderEliminarEn primeiro lugar quero felicitarche pola túa presentación. Creo que está moi ben. Ademáis, grazas a ela podo decir que sei algo de Corea do Sur porque, a verdade é que, antes non tiña ni idea de como era o seu sistema educativo. Sempre me gustou coñecer o qué se fai noutros países pero, ata agora só sabía algo dalguns dos sistemas educativos de Europa. Coñecer culturas tan distantes como Corea do Sur é algo que desexo pero nunca tiven a oportunidade e tempo de aprofundar neste tema.
Feliz 2019!
David.
Ola David! E feliz aninovo!
EliminarAlégrome de que te gustara a miña presentación e que afondaras no tema, pero se queres seguir o meu consello, non matricules a ningún membro da túa proxenie nese país. E non o digo por prexuízos, senón por saúde.
¡Hola Alejandro!
ResponderEliminarMuchísimas gracias por tu presentación y enhorabuena. Se ve que te entusiasma mucho este tema y que has puesto toda tu energía en proporcionar información detallada y completa acerca del sistema educativo de Corea del Sur y del país en general. Poco más puedo añadir a tu presentación, a parte de lo duro que resulta ver desde una perspectiva como la nuestra la presión que se les pone encima a los estudiantes coreanos desde pequeños y las consecuencias tan graves que tiene. Creo que este tipo de presentaciones nos hace ver como futuros docentes la importancia que tienen las emociones del alumnado para el proceso de enseñanza aprendizaje y que nunca hay que perder de vista el fin de la educación, que es el aprendizaje, no la competición al puro estilo Battle Royale.
Enhorabuena Alex :)
¡Muchas gracias por tu comentario! Has conseguido que me sonroje estando yo solo en una habitación a unos ocho grados.
EliminarRealmente me parece terrible el estrés al que es sometido el alumnado surcoreano, y nada justifica las experiencias que están viviendo. Ellos pueden no percatarse del todo de lo que está pasando a su alrededor, ya que es la realidad que ellos y ellas conocen, su triste realidad.
¡Un saludo y muchas gracias por tu comentario!
Moi interesante!
ResponderEliminarComezo coa parte "boa", que é que o teu tema é moi moi complicado debe ser difícil, dende España, atopar información fiable sobre o tema da presentación.
A parte "mala" é que a pesar de que lograches recabar moitísima información, non dispoñeras do tempo necesario para compartila con nos!
Bromas aparte, Corea do Sur é, como o resto de países asiáticos, un país complexo e moi descoñecido para a maioría, incluso os que estivemos por alá, e pareceume que aportabas información que recollía aspectos comúns no continente, ó mesmo tempo que definías as diferencias de ese territorio en particular.
O tema da presión escolar e social cara o éxito dos estudiantes é algo no que coincido que se debería falar máis tendo en conta as consecuencias tan nefastas que pode traer, servindo como exemplo este país, entre outros.
Gracias!
Ola Santi!
ResponderEliminarA verdade é que tería disfrutado ben de algo máis de tempo para a exposición, xa que tiña vintenove minutos. Xa foi complicado extraer o máis importante, e aínda me levou tempo deixar so o esencial. Moitas gracias polo teu comentario. Vémonos en clase!