Vou comezar o dossier cunha
reflexión máis propia do diario, pero dado que as actividades realizadas son as
protagonistas da mesma, decidinme por incluíla nesta sección: paréceme que en
medio do deserto de monotonía que é o temario deste módulo, sobresaíndo de
entre a densidade dos contidos, emerxe a idea de involucrar ó alumnado dun
xeito brillante para ademais conseguir un pleno de atención entre os e as asistentes. Gustoume o feito de introducir o tema cinco cun kahoot, aínda que
ninguén fose quen de acertar a metade das cuestións. Igualmente, o obxectivo,
que era que todo o mundo atendese ás explicación das respostas, acadouse. Non
estou a ser pelota, como se di vulgarmente, senón que estou a ser xusto:
estamos nun mestrado que se supón que ten que nos preparar para impartir clase,
pero impartila dun xeito distinto, cada vez máis afastado do habitual
maxistrocentrismo, e isto é algo que tódolos docentes neste mestrado repetiron
sen descanso. O problema é precisamente ése: que parece algo hipócrita o feito
de dicir unha cousa, que hai que dar clase dun xeito orixinal e innovador, e
chegar á aula e non parar de falar nas dúas horas que dura a sesión. Non estou
criticando ós mestres, porque son ben consciente da dificultade que entraña ser
orixinal. Por iso paréceme tan destacable o feito de que ó fin un profesor sexa
quen de amosarnos, con nós mesmos como alumnado, como converter unha clase
monótona e aburrida nun xogo primeiro, un modo de poñer a toda a clase de
acordo noutra actividade, e, en definitiva, facer que todos prestemos atención
e aprendamos dun xeito ameno e lúdico.
Como
primeira actividade na aula tivemos o kahoot sobre as competencias dos órganos
con respecto ás diferentes seccións do deseño curricular do sistema educativo; despois
fixemos un estudo das competencias na FP, primeiro en parellas, logo en grupos
de catro e despois en grupos de oito estudantes, para rematar toda a clase
intentando establecer un punto neutral no que todo o mundo estivese máis ou
menos de acordo. Estes son bos exercicios xa que fomentas a colaboración ó
mesmo tempo que consegues que o alumnado sexa crítico, teña a súa propia
opinión e execute a tarefa de discernimento, que normalmente escasea tanto nas
aulas.
Outro exemplo foi a tarefa de analizar competencias das linguas estranxeiras no currículo da
LOMCE (a continuación inclúense dous enlaces, un do currículo da LOMCE: http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/lomce/el-curriculo.html; e o outro é unha guía da LOMCE que está no portal da páxina da Xunta: http://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce). Investigamos os diferentes contextos educativos e os dividimos para
facer a busca en grupos e por partes. No caso do meu grupo correspondeunos
buscar información sobre os cursos de Formación Profesional. Ocupámonos da
estrutura xeral da FP e da súa distribución de competencias. Aínda que son unha
persoa que fago todo complicado cando falamos do mundo informático e de que non
estou nada habituado a utilizalas, valoro o emprego de ferramentas como Google Drive
en traballos de aula, xa que todos podemos estar a modificar o mesmo documento
a un tempo. No noso caso decidimos dividir a busca e que cada un engadira ó documento
a parte correspondente á súa labor investigadora. O primeiro apartado o fixemos
moi rápido, resumido nun cadro:
Ciclos
|
Título
|
Formación Profesional Básica
|
Título Profesional Básico
|
Ciclos Formativos de Grao Medio
|
Título de Técnico
|
Ciclos Formativos de Grao Superior
|
Título de Técnico Superior
|
Respecto do contido das competencias no sector dos
cursos de FP, o Goberno do Estado, como é lóxico, acapara a meirande parte das
competencias principais, coma o establecemento da estrutura dos títulos de FP,
a súa ordenación ou multitude de especificacións no referente a criterios de
avaliación ou requisitos do profesorado. Ó Goberno Autónomo lle corresponde
regular e administrar o ensino en toda a súa extensión, establecer os
currículos, así como ampliar e desenvolver os seus contidos básicos, regular
que centros ofrecen e imparten FP inicial ou regrada, e finalmente comunicar
que títulos se ofrecen e en que centros se imparten. Por último, os centros
docentes so aplican, concretan e desenvolven o currículo, xa que son os
encargados de elaborar as programacións que corresponden a cada módulo.
Mentres o noso grupo facía estes apartados, os outros grupos fixeron o resto do documento. Ademais, o propio mestre ía facendo comentarios
complementarios e correccións, polo que considero que é unha metodoloxía moi enriquecedora,
mais o seu emprego tamén supón un aforro considerable de tempo: entre toda a
clase fixemos un documento de doce páxinas en pouco máis de media hora. Certo é
que gran parte do texto era copiado, pero ó tempo que levou o feito de
escribilo hai que engadir o tempo de busca da información, específica e
axeitada. O documento completo atópase en Google Documents, e pódese consultar
en calquera intre simplemente premendo no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario