domingo, 25 de noviembre de 2018

Tema 5. O deseño curricular base. Diario.



O luns doce de Novembro comezamos esta materia, que ten a súa docencia dividida en dous profesores. Hoxe Gonzalo vai iniciar o seu bloque, que vai desde o tema cinco ata o tema oito -Carla fará os catro primeiros temas-. Como tan so son dúas horas de clase, e había que introducir a materia a todo o alumnado, non deu tempo a máis ca empezar o tema cinco. O luns dezanove continuamos co tema cinco novamente.


Despois dunha introdución por parte do profesor Gonzalo Constenla, comezamos a súa parte da materia que, ao ser do tema cinco ó tema oito, está no medio do temario. Aínda así, o tema, titulado “O deseño curricular base”, invitaba a pensar que era un tema recentemente coñecido polo alumnado presente. Tanto é así que o primeiro punto a tratar, o currículo e todos os seus elementos, era algo que xa aprenderamos de materias anteriormente cursadas neste mestrado; de todos modos, dun profesor a outro sempre hai matices e diferencias á hora de impartir as clases, cousas ás que un lle dedica tempo dabondo e outro non o considera importante, polo que sempre é enriquecedor escoitar as leccións maxistrais, incluso de materias tan densas coma é o caso de “As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional”.  Definimos o currículo como "a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas". Hai que lembrar que o currículo é unha lei, de ahí que na definición se utilice a palabra “regulación”. Tamén lembramos as sete competencias curriculares e os graos de concreción curricular. Nestes últimos a explicación complementou bastante  o aprendido no primeiro módulo do mestrado, alomenos no meu caso: as diferencias entre as obrigacións, competencias, determinacións e demáis responsabilidades que ten cada órgano son, en ocasións, marcadas por mínimos matices, mais dentro do complicado que resulta entender o dificultoso entramado de leis e competencias do sistema educativo español en xeral, e galego de modo específico, coido que saín máis convencido de ter entendido algo sobre o tema do que o estivera nunca antes.
Diferenzas entre a LOE e a LOMCE con referencia ás competencias curriculares.
                     A continuación vimos as competencias dos distintos órganos -Estado, Ministerio, Goberno Autonómico e mais os Centros Educativos- en relación coas linguas estranxeiras (ó final do documento hai uns enlaces, para quen queira ver con maior profundidade as competencias, dependendo de se estudas un curso de FP ou primeiro de Bacharelato, por exemplo): a primeira lingua, que é troncal, e a segunda, que é específica. Loxicamente, nas primeiras o Goberno ten un maior poder de decisión. No referente ás linguas estranxeiras na ESO, a LOMCE determina coma obxectivo xeral o ser quen de “comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado”, algo que parece cando menos moi difícil de acadar, dado que a metodoloxía en moitos casos non é a ideal para o ensino dunha lingua para falantes non nativos, ademais de que o número de horas dedicadas non é suficiente para a correcta asimilación da materia incluída na programación. De seguido chegamos ó mesmo apartado na sección de Bacharelato. Aquí o obxectivo xeral non é outro que “expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras”. Se na ESO requeríase o feito de expresarse dun xeito apropiado, en Bacharelato xa hai que se expresar con fluidez e corrección. Esta evolución é irreal, xa que cando o alumnado chega á ESO non ten os mínimos coñecementos para acadar eses niveis que supostamente se esixen. En Bacharelato pasa o mesmo, xa que o problema vaise arrastrando con máis resistencia ó avance a medida que o curso é máis alto en contidos. E se ben comentaba que as horas dedicadas ás materias de idiomas son moi escasas nas programacións de ESO e Bacharelato, nos ciclos de Formación Profesional a cousa empeora. Evidentemente, o Goberno obriga a ter un mínimo de coñecementos e nivel acadados no idioma afectado, mais  a ambiguidade da norma “fixar exixencias mínimas do nivel Básico a efectos de certificación” non parece unha fórmula óptima para evitar problemas con xente que tal vez saiba defenderse no ciclo pero non teña os coñecementos mínimos na lingua a tratar. Esta xente podería dar a impresión de que teñen certo coñecemento sobre a lingua que están a falar, pero esa impresión ven dada porque controlan e coñecen o tema do curso moi ben. O problema dos idiomas nos cursos de FP é que as materias de lingua estranxeira acostuman a  aparecer unicamente para aportar unha contextualización de termos necesarios para o módulo en cuestión, e así se aprende vocabulario pero non gramática ou outros contidos que se deixan de lado. Afortunadamente, coas Escolas Oficiais de Idiomas non pasa o mesmo que na FP, pois o foco de estudo nestes centros é a lingua en si mesma. Ademais, teñen unha taboa de niveis homologados, o que fai que as Escolas de Idiomas teñan unha idea moito máis achegada á realidade do nivel de desenvolvemento nunha lingua estranxeira dos seus alumnos ca un instituto ou colexio de secundaria -sempre falando dun modo xeral; evidentemente hai institucións moi válidas na ensinanza de linguas estranxeiras-. 

De todo isto hai un par de conclusións que sobresaen das demáis: por un lado, o baixo nivel docente  a certos niveis educativos, sobre todo en materias de linguas estranxeiras, e, por outro lado, o feito de que as horas asignadas e a programación da materia xunto co temario son incompatibles, xa que coido que é absolutamente imposible cumplir algún dos requerimentos fixados contando cun número de horas á semana tan baixo.

Enlaces das competencias da ESO e Bacharelato:



Enlace das competencias da FP, que ademáis inclúe as básicas e as transversais:


Enlace das competencias das EOI:

2 comentarios:

  1. Pareceume moi interesante a túa entrada!

    Con respecto ó baixo nivel de lingua estranxeira dalgúns docentes, gustaríame engadir que, por desgraza, é frecuente que os docentes teñan que impartir materias que non son a súa especialidade, o cal lóxicamente vai en detrimento da aprendizaxe. Na miña ensinanza secundaria tiven, por exemplo, un profesor de inglés que realmente era de Ciencias Sociais e que non falaba unha palabra de inglés ou unha profesora de Lingua e Literatura Castelá que en realidade era profesora de francés.

    Na miña opinión deberíase garantir que o alumnado reciba clases impartidos por expertos na materia correspondente.

    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. Gracias polo teu comentario e aportación! Vémonos en clase! Un saúdo!

    ResponderEliminar