lunes, 11 de marzo de 2019

Entrada Didáctica de las lenguas extranjeras

Sesión 1
  • Exercicio 1: Exemplo de actividades de titoría para fomentar a LE

Actividade de debate sobre o dereito á autodeterminación dos pobos e o dereito á integridade dos Estados. A raíz da importante presenza do caso de Cataluña nos medios de comunicación, decídese realizar unha actividade de debate que permita ao alumnado adoptar un punto de vista amplo aprendendo sobre outros exemplos presentes en países de fala inglesa ou francesa, como son os casos de Escocia en Reino Unido ou Quebec en Canadá.

Temporalización
Para preparar ao longo de varias sesións. Apto para calquera momento do ano escolar.
Nivel
Realizable en calquera curso, aínda que máis recomendado para segundo ciclo da ESO ou para bacharelato.
Obxectivos
  • Fomentar o pensamento crítico e a reflexión sobre temas de actualidade.
  • Inspirar o respecto, a tolerancia e a liberdade de opinión.
  • Mellorar as habilidades comunicativas: expresión, comprensión, interacción e mediación.
  • Empregar as TIC para a busca e contraste de información.
  • Tomar conciencia das relacións internacionais e a globalización.
  • Fomentar o interese pola actualidade doutros países.
Descrición da tarefa
  1. O alumnado, por parellas ou en pequenos grupos, deberá realizar unha busca de información (artigos en diversos xornais locais, noticias, estadísticas oficiais, etc) sobre os procesos de autodeterminación dos casos escocés, quebequés e catalán. O docente pode proporcionar unha ficha cunha serie de aspectos a tratar que sirva de guía.
  2. Cada grupo compartirá a información recollida co resto de compañeiros e compañeiras mediante unha presentación que se pode apoiar en calquera tipo de material que poida ser interesante (imaxes, gráficas, vídeos, etc.). Deste xeito tódolos grupos terán unha idea xeral da situación en cada un dos países.
  3. O grupo-aula será dividido agora en catro novos equipos para levar a cabo o debate, dous a favor e dous en contra da independencia, sendo interesante que cada grupo adopte un rol ficticio, como por exemplo de goberno central, goberno rexional, multinacional, asociación de cidadáns… O alumnado debe manter presente que non se trata da defensa de opinións persoais, senón da posición do rol que lle corresponde.
  4. Antes do debate, reservarase un tempo para a preparación de argumentos e a anticipación de preguntas e posibles respostas.
  5. Finalmente, levarase a cabo o debate no que o titor ou un ou máis alumnos poden actuar como moderadores. Cada grupo fará unha intervención inicial expoñendo a súa posición con respecto á situación, e posteriormente se abrirá a discusión facendo fincapé no respecto das quendas de palabra.
Recursos
  • Aula de informática, ordenadores, tabletas, teléfonos móbiles ou outros para a busca de información.
  • Pupitres móbiles para a disposición da aula de xeito idóneo para un debate.


  • Exercicio 2: Que tipo de actividades son mellores para PMAR?

Sesión 2
  • Exercicio 1: Exemplo de actividades para realizar con auxiliar de conversación

Temporalización
Durante unha sesión do terceiro trimestre, a modo de preparación para as probas ABAU
Nivel
2º de Bacharelato
Obxectivos
  • Empregar o Reported Speech
  • Empregar os tempos pasados
  • Activar vocabulario xenérico
  • Reformular a mensaxe, adaptándose e anticipando posibles carencias de vocabulario e gramática.
  • Improvisar  en lingua estranxeira interactuando con varios falantes.
Descrición da tarefa
  1. O auxiliar de conversación expón unha situación hipotética na que pide un favor ao alumnado pero este non o cumpre.
  2. Seguidamente, o auxiliar pide explicacións ao alumnado, que un por un irá construíndo unha historia que explique a falta de compromiso, apoiándose no discurso do compañeiro/a que o/a preceda. O auxiliar pode intervir para guiar a historia, animar ou cambiar a orde de participación, etc.
Exemplo:
  • (Christian) I couldn’t return the book you gave me to the library because I was sick, so I gave it to Lucía.
  • (Lucía) Yes, Christian gave it to me and told me to return it to the library, but then my mom asked me to go to the supermarket, so I asked Carlos to return it for me.
  • (Auxiliar) Then… Carlos, have you got the book yet?
  1. O docente pode ir tomando nota de aspectos a corrixir ou sobre os que reflexionar.
Recursos
O auxiliar de conversación como recurso humano.


  • Exercicio 2: Deseña as 5 Cs dunha lección de CLIL, incluíndo unha actividade con auxiliar

Materia
Historia
Título
Born in the U.S.A.
Nivel
1º Bacharelato
Temporalización
Dúas sesións de 50 minutos
Tema
A guerra de Vietnam
Contido
A guerra de Vietnam e as súas consecuencias para E.E.U.U.
Comunicación
Past Participle Irregular verbs.
Os diferentes tempos pasados en inglés.
Vocabulario de contexto bélico.
Cognición
Entender a guerra de Vietnam: causas; e as consecuencias: soldados con secuelas non so físicas e psicolóxicas, senón tamén de afastamento da sociedade, en moitos casos sen traballo nin acceso a el, e esquecidos polo país polo que loitaron.
Competencias
Que significou Vietnam para os E.E.U.U. e os problemas que tivo o país -moi dividido- mesmo xa desde antes de dar comezo.
Traballar en grupos.
Habilidade de escritura e expresión creativa.
Entender a ironía do cantante en certas pasaxes (e diferenciar da rabia amosada noutras).
Comunidade
Desde os conflitos máis pequenos ata os maiores problemas, hai que buscar a mellor solución pacificamente: todas as guerras rematan mal para ambos bandos, vencedores e vencidos.
Recursos
Reprodutor de música coa canción, portada, follas para a actividade de encher os ocos


lunes, 28 de enero de 2019

Didáctica Cristina

            Na primeira clase con Cristina coñecimos o termo "mediación" no ámbito didáctico. Para afondar un pouco no significado de mediación, comezamos por facer unha introducción sobre a bagaxe de linguas faladas por cada membro e membra da clase. Esta actividade serviu para ver o plurilingüistas que somos, o que leva a seguinte pregunta: que é o plurilingüismo? Sinxelamente dito, o plurilingüismo non é outra cousa que falar varias linguas. Usamos as linguas para axudarnos na aprendizaxe doutras. Tódalas linguas que saibamos poden axudar a aprender unha nova lingua, incluso aquelas que practicamente descoñecemos ou das que so sabemos un feixe de termos. Evidentemente, hai distintos niveis de coñecemento de linguas, e no exercicio feito na clase nós mesmos nos decatamos de que non temos o mesmo nivel de coñecemento da nosa lingua nativa coma doutra calqueira aprendida con posterioridade, e mesmo dentro deste derradeiro grupo, o noso nivel fluctúa moito: algunas linguas so as entendemos, outras as sabemos ler, e outras as podemos falar.
Dentro dos diferentes grupos de linguas, podemos falar dos diversos casos con que nos podemos atopar. Por exemplo, as linguas que están máis achegadas xeograficamente son útiles de falar -pola proximidade xeográfica, pode haber negocios, transaccións, ou mesmo intercambios-, e moitas veces resulta máis sinxelo aprendelas, seica mesmo por esa proximidade xeográfica. Outras linguas  que tamén son sinxelas de aprender son aquelas linguas que se atopan dentro da mesma familia. Estes simplemente son varios motivos para aprender linguas. A conclusión que se popde extraer disto é que as linguas valen para comunicarse, mais tamén poden valer para aprender outras linguas, pois cada vez é máis frecuente nas aulas o emprego da lingua materna, en contra do que era común ata agora, que era case un pecado capital o uso da túa lingua materna. Unha vez aclarado o plurilingüismo, tivemos que responder á seguinte cuestión: que papel ten o plurilingüismo nas aulas? Hai que decir que o plurilingüismo hoxe en día non require un dominio completo da lingua, nin sequera a correcta fala da mesma. Hai diferentes graos de plurilingüismo: podes falar unha lingua mellor ou peor, ter un abanico de vocabulario maior ou menor, entender a lingua cando te falan, ler fragmentos na lingua ou simplemente comprender un texto. Xa que o concepto de plurilingüismo mudou deste xeito, agora podemos decir que moita xente é plurilingüista, pois semella sinxelo ter acceso ó dominio polo menos dalgunha das categorías de dúas linguas, e con iso unha persoa xa sería plurilingüista. Finalmente, Cristina pediunos reflexionar sobre se estamos a favor ou en contra do uso doutras linguas distintas da lingua meta durante as sesións da derradeira. Xa dixen previamente que estou claramente a favor, tal vez polo feito de que eu non tiven a oportunidade de empregala, e pensó que unas linguas poden axudar ó aprendizaxe doutras. 
Mediación: achegar información a unha persoa que, pola causa que sexa, non pode comprender a información achegada na lingua orixinal. Hai catro modos de comunicación: comprensión, expresión -produción-, interacción -coprodución- e mediación. A interacción inclúe ós dous anteriores, e a mediación ós tres anteriores. Antes os motivos da aprendizaxe de linguas eran traballo, viaxe ou emigrar. Agora a sociedade é plurilinguista en si mesma.


Os tres tipos de actividade de aprendizaxe comunicativa. Fixemos unha actividade por grupos. No meu grupo escollemos o texto dunha canción para a opción de mediación, "La puerta violeta", de Rozalén, cos meus compañeiros Marcela e Santi, para o que tivemos que saber diferenciar a comprensión extensiva da intensiva. A comprensión extensiva di que canto máis estea exposto o alumno á lingua en cuestión mellor, pero ten que estar exposto de forma voluntaria, facelo porque quere. Algúns exemplos de actividades poden ser ler moito, ver series,... Non son profundas as actividades. Outros exemplos son o uso de audios curtos, para non agobiar, impresionar/asustar ou deprimir. Decidimos ubicar a actividade no día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, facendo un traballo de colaboración entre centros de secundaria da Unión Europea, focalizando o traballo na interpretación das moitas metáforas presentes no texto, e tendo moi diversas opinión debido ó feito de que haberá alumnados de diferentes países e culturas.
Variedades de lingua: hai que ser conscientes das diferentes formas que ten unha lingua, cada matiz diferente é unha dose de riqueza lingüística. Os vídeos tamén valen para substituír un libro de texto, mais hai que ter en conta o número de escoitas necesarias. Normalmente entre dúas e tres escoitas adoita ser suficiente, aínda que todo depende, obviamente, do seu nivel de comprensión. O papel do docente require organizar, dar tempo para que lean as preguntas e o texto, explicar claramente o que hai que facer, e tal vez o máis dificultoso: observar mentres fan a actividade. Hai varias fases: Prefase: instruccións e 3 escoitas con diferentes actividades cada unha, hai diccionarios que engaden o nivel na entrada da palabra, por exemplo: table, A2, polo que non poderiamos usar esta palabra en A1.
Se falamos, por outro lado, das actividades de produción e interacción escrita, teñen o inconveniente de que consumen moito tempo. Mais existen actividades breves e sinxelas de realizar, como as cadeas de chat, que poden ser sobre films, se gustou ou non alguna canción, anuncios por palabras, incluso escribir reseñas: sobre un libro ou unha peli; tamén se poden facer contos encadeados, no que cada un escribe unha frase sen saber máis ca anterior, ou blogs colaborativos, nos que o alumnado traballa de maneira individual nun ben colectivo, ou redactar poemas breves, do estilo dos haiku.

As notas numéricas son negativas en moitos aspectos: o alumnado compárase e incluso pódese chegar a marxinar a alguén por malas notas; estudosos da materia din que a nota numérica eclipsa todo o demais e non se produce ningún beneficio de ela. Poden correxir entre eles, incluso cousas concretas entre eles, coma concordancia sux-vbo. Kaizena Expresión ORAL Feedback e corrección Hai que ter ideas para que os nenos e nenas falen de cousas diferentes 1. Who's Telling the Truth? Have each student write three facts about themselves that nobody in the class knows on a piece of paper. Make sure each student includes his/her name on the top of the paper. Collect the sheets of paper and bring three students to the front of the room. Read aloud one of the facts that is true for one of the students in the front of the room. The class then proceeds to question the students in an attempt to determine who is telling the truth, and who is lying. Each student is allowed to ask one question to one of the three students. After a round of questioning, the students predict who is telling the truth. O ideal sería que cada neno fixera un statement e o resto dixera se é verdade ou non. Rúbrica O primeiro é definir os criterios, que han de ser axeitados co que se pide, claros, observables (“está moi pensado o traballo” é algo non tanxible nin comprobable) 4 niveis son suficientes Categorizar os criterios O alumnado debe coñecer antes de facer o traballo os valores da rúbrica. Siempre, a veces, nunca: non é unha rúbrica, xa que mide cantidade, non calidade. Non cortar a posible creatividade do alumnado na descripción da rúbrica. Para nenos será máis interesante se está escrita en primeira persoa. A rúbrica ten que ter reflexados os obxectivos nela.

viernes, 25 de enero de 2019

Didáctica gonzalo


Hoxe vou falar das dúas sesión impartidas por Gonzalo Constenla no comezo do ano. A primeira actividade que realizamos na clase foi un diagrama de Venn no que reunimos as características dunha lingua materna, as dunha  lingua estranxeira, e no apartado común as características compartidas por os dous tipos de lingua:

Lingua MATERNA. É mellor utilizar o termo “lingua inicial”. Hai que pensar nun amplo abanico de posibilidades, xa que os teus pais poden ser de países diferentes, e incluso vivir en países cunha terceira lingua en xogo. Non creo que sexa tan raro atopar un nucleo familiar no que a nai teña una lingua materna/inicial distinta da do pai, e se a parella marcha a vivir a un país no que a lingua falada non coincide, pois o bebé que teñan podería estar nun nucleo familiar no que sería susceptible de aprender ata tres linguas iniciais. Unha vez feitas as aclaracións pertinentes no referente ó termo "lingua materna", a continuación temos as principais características destas linguas:

Nos primeiros anos apréndese inconscientemente

Primeira lingua aprendida

Non hai intencións concretas para o seu emprego


Apréndese na casa

Relacionada coa identidade


As características que atopamos nas l
inguas ESTRANXEIRAS son as seguintes:

Pódese olvidar se non se practica (é dicir, que é necesario practicala).

Apréndese conscientemente


Apréndese na escola ou centros de actividades extraescolares

Apréndese a través da lingua materna, cópianse estruturas da lingua materna para a súa aprendizaxe e úsase como guía docente

Ámbito formal


Maior atención ó campo gramatical


Intención clara, definida


Por último, as c
aracterísticas COMÚNS:

É unha materia específica nos centros

Interacción chave

Ligadas ás culturas


Ambas serven para comunicarse.



A segunda actividade que fixemos foi un placemat, algo totalmente novo para mín. Esta actividade consistía en colocarse en grupos formando un círculo pechado, cunha folla en medio, e cada un tiña que escribir a súa opinión individual sobre dúas cuestións dunha lista que está a continuación na súa parte correspondente da folla. No caso do meu grupo tiñamos que contestar as preguntas números dous e cinco. A cuestión interesante da actividade reside na súa segunda parte: unha vez respostadas as cuestións, todos os membros do grupo deben chegar a un acordo para cubrir o centro da folla cunha postura que aglutine todas as opinión dos membros do grupo.

Lista de preguntas para Placemat:

1. Na Unión Europea fálanse máis de 40 linguas distintas. Fálanse todas no parlamento?

2. Na Unión Europea fálanse máis de 40 linguas distintas. Usa todas a Comisión Europea?

3. Inditex ten 6913 tendas nos 5 continentes. Que lingua usa cos clientes? En que lingua se comunican as tendas coa central de Arteixo?

4. Citröen ten 13 fábricas en 7 países diferentes? En que linguas se comunican os responsábeis das fábricas entre sí?

5. Pedro é da Coruña e traballa no Zara de Marineda City. Aprendeu a falar en castelán. Que lingua falará cun cliente que lle fale en galego? E cun cliente que lle fale inglés?

6. Unha profesora castelanfalante de historia nun centro de ensino público, en que lingua dará as súas aulas?

7. Un grupo de erasmus de 5 países europeos diferentes saen de festa e teñen que decidir o local onde van ir tomar a primeira copa. Que lingua van usar?

8. Nunha feira de tecnoloxía dixital reúnense comerciais de 6 compañías de Francia, Bélxica, Costa de Marfil e España. En que lingua falarán entre si?
A cuestión que suscitou máis interese foi a número cinco, na que se plantexa que lingua usará un dependente dunha tenda de A Coruña, galegofalante, para atender a un cliente que lle fale en lingua galega, e a outro que lle fale en inglés. Nesta actividade houbo máis variedade de respostas, ademáis dunha duplicidade de puntos de vista que enriqueceron a actividade. A conclusión final foi que probablemente atenderá en galego ó cliente que lle fale en galego, mais soamente por estar nun traballo de cara ó público; a mesma razón para o caso do angloparlante, que case con toda seguridade recibiría trato en lingua inglesa, sempre dependendo do nivel de inglés que amose o dependente, dato que non se especifica na actividade orixinal.



O día quince de Xaneiro tivemos a segunda sesión con Gonzalo, na que vimos as diferenzas entre lingua habitual, lingua inicial, lingua de traballo e lingua vehicular. A lingua habitual é, obviamente, a empregada a cotío. No noso cas poden ser dúas, coma pode suceder coa maioría dos galegos. A lingua inicial é a primeira lingua que comprendemos e falamos. Se analizamos o caso dunha persoa galega, probablemente sexa galego, español ou as dúas linguas; evidentemente, en casos de inmigrantes falantes dunha lingua que non sexa galego ou español, a lingua inicial non ten por que ser a habitual. Despois están a lingua de traballo,  que é o principal medio de comunicación nunha multinacional, nun organismo internacional ou nun estado plurilingüe. Pode haber varias linguas de traballo que coexistan. Por último, temos a lingua vehicular, que coma o seu nome indica, é a que se usa entre falantes de linguas diferentes, empregada para finalidades concretas, coma o comercio. Tamén se chama lingua franca.

A continuación vimos as diferenzas entre un repertorio lingüístico, una comunidade de linguas e una comunidade lingüística. Sen ser moi compricado, para mín as diferenzas resultaron moito máis claras no caso das linguas que neste caso. Intentarei explicar cada termo  para que quede ben diferenciado dos otros: un repertorio lingüístico é o conxunto de elementos lingüísticos coñecidos por un falante ou por unha comunidade de falantes. En canto ás comunidades, a lingüística é a formada por todas as persoas que partillan o mesmo repertorio lingüístico de base. A comunidade de lingua, en cambio, é aquela comunidade de falantes que partillan o coñecemento e o uso dunha mesma lingua ou variedade lingüística. Coma non fun o único que non captou  á perfección a diferenza entre as dúas últimas definicións, pensó que foi moi axeitada a seguinte actividade que fixemos, nada menos que facer un repertorio lingüístico da clase. Nun primeiro punto de partida, Gonzalo dividiu a clase en grupos pequenos; eu estaba nun grupo con Aarón e Marcela. Despois de facer una revisión polo máis profundo da nosa realidade lingüística, chegamos á conclusión de que o noso repertorio lingüístico comprende as seguintes linguas:

Galego
Castelán
Inglés
Chinés
Francés
Lingua de signos
Portugués
Italiano
Catalán

Acto seguido fixemos un documento entre toda a clase no que compartimos todas as linguas usadas por cada compoñente da clase. A resulta superou todas as expectativas: nunha enquisa previa, Gonzalo preguntou que número de linguas esperabamos que sería o resultado final, e a resposta máis elevada foi quince, o mesmo número de alumnos e alumnas que había na clase (isto é, unha lingua por cada membro presente na aula). O resultado final da actividade está representado no seguinte cadro, que amosa o repertorio lingüístico do grupo dous:


Galego
Castelán
Inglés
Alemán
Francés
Galego oriental
Castelán de Galicia
Italiano
Catalán
LSE
LSF
SSI
Portugués
Japonés
Castelán de León
Noruego
Galego occidental
Galego neofalante
Castelán de Arxentina
Castelán de Madrid
Castelán de Málaga
Ruso
Chinés tradicional
Chinés simplificado
Transmontano
Gallego del morrazo
Lituano
Galego
Polaco
Galego central
Francés
Neerlandés
Portugués
Alemán
Inglés de Irlanda
Brasileiro
Romanesco
Francés canadiense
Inglés hispano
Francés belga
Francés suizo
Francés luxemburgués

A cor verde representa ás persoas activo falantes, mentres que a cor azul fai o propio coas activo fañantes. Como se pode observar sen necesidade de contar, o resultado da claramente máis de quince, que era o maior número dos estimados antes de facer a actividade. A conclusión final é, pois, que non existen monolingües. O grupo dous, que formamos todo o alumando presente na aula durante a sesión, é ambas, comunidade lingüística e de lingua, xa que cumple os requisitos exisidos por una e outra. Afastándome un intre do tema que nos ocupa, gustariame reflexar outra conclusión que obtiven desta actividade: ou somos moi modestos, ou prácticamente ninguén comprendeu o que nos estaba a preguntar Gonzalo antes de iniciar a actividade. Houbo outra reflexión interesante. Hai moitos acentos e dialectos diferentes nunha mesma lingua. No caso do inglés case incontables. E comna futuros mestres de inglés, habemos de ter en conta que no inglés marca a corrección o uso da lingua, polo que hai que estar moi seguros á hora de tachar algo nun exame, xa que pode ser a correcta forma dunha variedade da lingua inglesa que nós descoñecemos.

A seguinte actividade chegou despois dun repaso polas diferentes metodoloxías que se poden empregar na ensinanza de linguas estranxeiras, e nela tivemos que discutir en pequenos grupos que metodoloxía deberíamos empregar e cales outras poderiamos empregar. Logo duns minutos de debate, as gañadoras absolutas foron as metodoloxías CLIL e CALL, algo que non pode sorprender a ninguén, xa que encaixan en prácticamente todos os contextos. A continuación está o cadro da actividade descrita:


CONTEXTO APRENDIZAXE
QUE METODOLOXÍA SE DEBE USAR?
QUE METODOLOXÍA SE PODE USAR?
1. Escola Oficial de Idiomas.


Lingua Estranxeira
Fins Específicos
CALL
2. Asociación de Mulleres Viúvas.


Lingua Estranxeira
CLIL
Fins específicos
CALL
3. Ciclo Superior de Axencia de Viaxes.


Fins Específicos
CLIL
Lingua Estranxeira
CALL
4. Materia de ciencias en 4ª da ESO dun centro plurilingüe.
CLIL
CALL
5. Nunha aula de 1º de primaria.

Aprendizaxe precoz
CLIL
CALL
6. Nunha escola británica/francesa/alemana en Madrid dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores dese país.


Lingua Inicial
CLIL
CALL
Segunda lingua
Lingua estranxeira
7. Na UNED.
CALL
Lingua estranxeira
Fins específicos
8. Nun país africano de lingua oficial inglesa/francesa.
Segunda lingua
CALL
Lingua inicial
9.
10.
11.
12.

Un novo diagrama de Venn deu comezo para comparar a ensinanza dunha lingua estranxeira a un alumnado común, formado por nenos e nenas, e a un grupo de persoas adultas. Nesta actividade resulta obvio que o factor da idade adquire máis relevancia, xa que a idade que tes no momento de aprender unha lingua é moi importante para o teu futuro desenvolvemento e aprendizaxe da mesma, ademáis de que hai moi diferentes graos de maturidade nas persoas. A continuación están as características comúns e as diferenzas na aprendizaxe dunha lingua estranxeira por adultos e nenos:

 Nenos

Maior facilidade para novos fonemas

Obrigatoria

Motivación extrínseca

Dependencia

Absorción máis rápida de coñecementos

Espontaneidade, imaxinación



Adultos

Vergonza

Maior autonomía

Maior capacidade analítica

Motivación: a identificación cun país, a afinidade,... Hai que coñecelas para potencialas


Por último, as características comúns:

Curiosidade (lingüística maior nos adultos)

Receptivos/as á aprendizaxe por xogos

Emprego dunha lingua coñecida coma ponte para aprender outra, o que pode dar lugar a unha interlingua, unha lingua a medio camiño entre a lingua propia e a que se quere chegar a aprender.


Seguimos a clase cun debate sobre as diferenzas entre centros públicos e privados. A idea xeral con respecto ós centros privados  é que teñen máis recursos materiais, maior facilidade para empregar metodoloxías innovadoras, un número máis reducido de alumnado que ademáis poden seleccionar, decidindo quen entra no centro e quen non. En cambio, os centros públicos, a pesar de ter menos recursos económicos, teñen recursos humanos de mellor calidade, salvo no caso dos colexios privados de élite.No medio do debate quedaron os centros concertados, xa que son unha amálgama entre os públicos e os privados. 

A derradeira actividade foi unha análise sobre os métodos empregados por libros de diferentes editoriais. A actividade estivo moi ben pensada, xa que, tras dividirse a clase en grupos, comenzamos por dividir os libros en apartados da programación; unha vez rematado o proceso, nos xuntamos en grupos as persoas que nos encargaramos das mesmas partes da programación, e comparamos a metodoloxía empregada en cada un dos casos, para finalmente voltar ó grupo inicial para achegar os nosos resultados ós dos nosos compañeiros e compañeiras e obter unha conclusión final da actividade. A miña conclusión persoal é que o libro de texto empregado, aínda que ti o elixiras, únicamente ha de servir coma mera guía do guión que tes que seguir ó longo do curso, un guión que has de respetar en canto ós contidos principais, pero do que te podes desviar sempre que o vexas preciso. O libro de texto ten que ser sempre una fonte de axuda, tanto para o alumnado coma para o Mestre, e nunca has de pecharte ó seu índice e impartilo coma se fose a Biblia da ensinanza de linguas estranxeiras, entre outras cousas porque non o é, coma ningún libro é o ideal para dar unha materia, simplemente están os máis axeitados e os menos axeitados.