Sesión 1
Actividade de debate sobre o dereito á autodeterminación dos pobos e o dereito á integridade dos Estados. A raíz da importante presenza do caso de Cataluña nos medios de comunicación, decídese realizar unha actividade de debate que permita ao alumnado adoptar un punto de vista amplo aprendendo sobre outros exemplos presentes en países de fala inglesa ou francesa, como son os casos de Escocia en Reino Unido ou Quebec en Canadá.
Temporalización
|
Para preparar ao longo de varias sesións. Apto para calquera momento do ano escolar.
|
Nivel
|
Realizable en calquera curso, aínda que máis recomendado para segundo ciclo da ESO ou para bacharelato.
|
Obxectivos
|
Fomentar o pensamento crítico e a reflexión sobre temas de actualidade.
Inspirar o respecto, a tolerancia e a liberdade de opinión.
Mellorar as habilidades comunicativas: expresión, comprensión, interacción e mediación.
Empregar as TIC para a busca e contraste de información.
Tomar conciencia das relacións internacionais e a globalización.
Fomentar o interese pola actualidade doutros países.
|
Descrición da tarefa
|
O alumnado, por parellas ou en pequenos grupos, deberá realizar unha busca de información (artigos en diversos xornais locais, noticias, estadísticas oficiais, etc) sobre os procesos de autodeterminación dos casos escocés, quebequés e catalán. O docente pode proporcionar unha ficha cunha serie de aspectos a tratar que sirva de guía.
Cada grupo compartirá a información recollida co resto de compañeiros e compañeiras mediante unha presentación que se pode apoiar en calquera tipo de material que poida ser interesante (imaxes, gráficas, vídeos, etc.). Deste xeito tódolos grupos terán unha idea xeral da situación en cada un dos países.
O grupo-aula será dividido agora en catro novos equipos para levar a cabo o debate, dous a favor e dous en contra da independencia, sendo interesante que cada grupo adopte un rol ficticio, como por exemplo de goberno central, goberno rexional, multinacional, asociación de cidadáns… O alumnado debe manter presente que non se trata da defensa de opinións persoais, senón da posición do rol que lle corresponde.
Antes do debate, reservarase un tempo para a preparación de argumentos e a anticipación de preguntas e posibles respostas.
Finalmente, levarase a cabo o debate no que o titor ou un ou máis alumnos poden actuar como moderadores. Cada grupo fará unha intervención inicial expoñendo a súa posición con respecto á situación, e posteriormente se abrirá a discusión facendo fincapé no respecto das quendas de palabra.
|
Recursos
|
Aula de informática, ordenadores, tabletas, teléfonos móbiles ou outros para a busca de información.
Pupitres móbiles para a disposición da aula de xeito idóneo para un debate.
|
Sesión 2
Temporalización
|
Durante unha sesión do terceiro trimestre, a modo de preparación para as probas ABAU
|
Nivel
|
2º de Bacharelato
|
Obxectivos
|
Empregar o Reported Speech
Empregar os tempos pasados
Activar vocabulario xenérico
Reformular a mensaxe, adaptándose e anticipando posibles carencias de vocabulario e gramática.
Improvisar en lingua estranxeira interactuando con varios falantes.
|
Descrición da tarefa
|
O auxiliar de conversación expón unha situación hipotética na que pide un favor ao alumnado pero este non o cumpre.
Seguidamente, o auxiliar pide explicacións ao alumnado, que un por un irá construíndo unha historia que explique a falta de compromiso, apoiándose no discurso do compañeiro/a que o/a preceda. O auxiliar pode intervir para guiar a historia, animar ou cambiar a orde de participación, etc.
Exemplo:
(Christian) I couldn’t return the book you gave me to the library because I was sick, so I gave it to Lucía.
(Lucía) Yes, Christian gave it to me and told me to return it to the library, but then my mom asked me to go to the supermarket, so I asked Carlos to return it for me.
(Auxiliar) Then… Carlos, have you got the book yet?
…
O docente pode ir tomando nota de aspectos a corrixir ou sobre os que reflexionar.
|
Recursos
|
O auxiliar de conversación como recurso humano.
|
Materia
|
Historia
|
Título
|
Born in the U.S.A.
|
Nivel
|
1º Bacharelato
|
Temporalización
|
Dúas sesións de 50 minutos
|
Tema
|
A guerra de Vietnam
|
Contido
|
A guerra de Vietnam e as súas consecuencias para E.E.U.U.
|
Comunicación
|
Past Participle Irregular verbs.
Os diferentes tempos pasados en inglés.
Vocabulario de contexto bélico.
|
Cognición
|
Entender a guerra de Vietnam: causas; e as consecuencias: soldados con secuelas non so físicas e psicolóxicas, senón tamén de afastamento da sociedade, en moitos casos sen traballo nin acceso a el, e esquecidos polo país polo que loitaron.
|
Competencias
|
Que significou Vietnam para os E.E.U.U. e os problemas que tivo o país -moi dividido- mesmo xa desde antes de dar comezo.
Traballar en grupos.
Habilidade de escritura e expresión creativa.
Entender a ironía do cantante en certas pasaxes (e diferenciar da rabia amosada noutras).
|
Comunidade
|
Desde os conflitos máis pequenos ata os maiores problemas, hai que buscar a mellor solución pacificamente: todas as guerras rematan mal para ambos bandos, vencedores e vencidos.
|
Recursos
|
Reprodutor de música coa canción, portada, follas para a actividade de encher os ocos
|